4/4/10

A colcha Babette



Como bó propósito de Aninovo propúxenme facer a Babette. Xa vira esta colcha por internet e chamárama poderosamente a atención pola mistura de cores e de tamaños dos cadradiños, parecíame a colcha mais bonita de cantas vira. De feito en Flickr hai un grupo enteiro adicado a Babette (o que pertenzo).
Atopei o patrón o día 8 de xaneiro, desglosei o patrón nunha tarde (porque as cores veñen chamadas por unha letra e eu púxenlle cadanseu nome, e os cadros veñen agrupados por tamaños e eu agrupeinos nos dez bloques da colcha), merquei as lás o 15 de xaneiro, e xa teño feita a colcha, só falta coser o bloque 10, que é o mais longo.
O mellor da Babette é que con saber facer dun xeito os cadros xa sabes facelos todos. O peor da Babette é que hai que coser un por un os cadros entre sí. Eu fágoo con fio transparente e unha agulla de punta zocha.
Sucedeume que a colcha quedoume pequena, iso que collín lás grosas e traballo con ganchillo do 00 (3.75 ou letra D), ademais eu quero unha colcha, non unha mantiña. Atopei por internet unha señora que tivo o mesmo problema e fixo un panel adicional deseñado por ela, creo que eu farei o mesmo.
Na miña galería de Flickr (http://www.flickr.com/photos/45760281@N07/sets/72157623089979065/) teño un álbume enteiro adicado o proceso de elaboración da Babette, polo de agora con 41 fotos, dende as lás que eu escollín ata o panel 10.

1 comentario:

Elvis Gato dijo...

wow...non teño palabras.
Poderíasme contar como as uniches?
Teño un saco de grannies feito pero non me dou posto a unilos...dame medo jajaja

Unn saudo
pichouchi@gmail.com

Blogging tips