17/4/10

Frores de África







Primeiro aprendín a facelas e logo entereime de cómo se chamaban. Vira un montón delas en Flickr, conseguin unha foto moi de preto e saquei o patrón. A verdade é que é sinxelo.
Eu comezo facendo 6 cadenetas en anillo máxico, pero o patrón é o mesmo que aparece no grupo
adicado a elas en Flickr (aparece en castelán e inglés).
A idea é facer un bolso con elas (para que saia da galería dos horrores de enxendros inacabados) adaptando o patrón de "Starling handbag" no tamaño grande que aparece na web www.futuregirl.com. Facer o fondo e as asas como o "Starling", pero o corpo facelo cos grannys de frores de África.
O fondo do bolso está baseado no patrón, pero tiven que engadir unhas cuantas filas mais porque
quedaba un pouco pequeno para o meu gusto. Engadin 5 filas en ponto alto porque có ponto baixo estaba a piques de desesperar.
Creo que preciso facer mais frores, pero xa esgotei a combinatoria, merquei 6 cores e xa teño 16
grannys distintos, así que terei que pensar cómo facelo, agradeceríanse suxerencias.
Por outra parte non me atrevo a continuar cás asas sen ter a parte dos grannys feito porque pode ser que logo non case. Algo terei que argallar para unir os grannys o fondo do bolso, porque son hexagonales e o fondo rectangular... vouno pensar.

No hay comentarios:

Blogging tips