Invadeume a tolemia, despois de moito barruntar, pedir consello, preguntarllo a ela, mirar por internet...
Fareivos sufrir un anaco con tódalas opcións que cheguei a barallar.
Merchy de http://alittlegreenvalley.blogspot.com/ suxeriume Lía e Xiana, non me valeron porque a tía do meu mozo chámase Lía, e unha rapaza cá que fixen un cursiño chámase Xiana; có que o nome evocábame as persoas que xa coñecía.
Diana de http://elrincondemisnenas.blogspot.com/ díxome Iria ou Flavia. Iria é unha amiga doutra amiga, así que quedeime con Flavia.
Vicky, a miña compañeira de cursiño propúxome Penélope, que me gustou.
Do blogue http://tartarouchos.blogspot.com/ tamén recibín unha proposta, Fía.
Pola miña conta investiguei un pouco.
Busquei nomes tailandeses, porque a boneca viña de alá, e só me gustou Kasam que significa felicidade.
Dentro dos nomes galegos escollín:
Anatolia: significa oriente en grego, por eso de ca boneca ven dalá
Froila: terra do señor
Gala: en xermano, muller dos galos, e por Dalí
Guiomar: muller ilustre, e pola poesía de Antonio Machado
Rexina: en latín, reina
Xisela: forte pola sabiduría
Tamén me gustaba Corsa, coma unha amiga miña, que significa venida de Córcega, non te que ver ca marca dos coches. A miña amiga estaba moi de acordo, suxeriuno ela.
Como chegou o sábado e era Santa Cristina, tamén pensei neste nome, pero descarteino porque coñezo a varias.
Andiven a meditar, ata que decidín que a sorte me acompañase. Non era plan facer un sorteo con tódolos nomes no Sortea2, quitaríalle o aquel a cousa, así que decidin facelo de xeito caseiro, e que escollera ela.
Logo caín que cando chegou a boneca era lúa chea, así que por qué non Meiga.
Dixeronme que era axeitado, porque a todos ó meu redor dalle medo, así que Meiga lle quedou.
Mira que dou voltas para presentarvos a boneca!!!!
2 comentarios:
¡Encántame!. E a verdade é que Meiga é realmente meiga, ten un aquel que namora.
A min dame algo de arrepío a boneca esta. ese ollar tan morriñento que ten...., non sei. O caso é que Meiga venlle ó pelo. Ben escollido.
Publicar un comentario