30/5/10

"Desafío del mes de mayo"

Neste sitio estase moi ben. Antes tiñan outro enlace, pero teño entendido que a rede Ning xa non permite este aloxamento gratuito. Hai un foro de desafíos no que participo, este é o do mes de maio, cólgase o patrón e todas a elo. Cando está feito todas fachendeamos do que temos, e así ata o vindeiro mes.

Este coello xa ten dona, a Pauli, que o empregará como chaveiro da sua nova casa, espero que lle traia sorte.
 
O desafío proposto para xunio paréceme precioso, e unha bonequiña moi Kawai (a imaxe saqueina de http://nuestrosgumis.latinforos.net/propuestas-para-nuevos-desafios-f12/votacion-para-desafio-de-junio-t30.htm, que logo non quero lios de licencias e cousas raras):
Penso participar, pero con fio mais groso que o que usei para o coello, que crin que quedaba virolla. Non sei se a farei rosa porque no meu "alijo" de lás non lembro se teño o rosa. Ocúrreseme que un día heivos amosar o meu "alijo" das lás, pode ser unha entrada divertida.
Pois nada mais por contar.
Bicos e apertas

27/5/10

Trancas e Barrancas

Tralará...
¿Acordádevos duns fios amorfos que vos amosei na entrada titulada tempo? Pois xa tiven tempo, e saiu daquela cousa amorfa un bonequiño do Formigueiro que xa se reuniu co seu dono.
O das antenas non quedou moi logrado porque non tiña alambres, están un pouco pachuchas todas caidas.
Estou bastante contenta co resultado final, e fedellando por Internet decateime que están a venda os bonequiños, pero son un pouco caros.

O patrón é da miña colleita, porque atopei algún pola rede que non me convencía, así que a ollo fun sacando as partes do bonequiño. Xa sabedes que me deixades un comentario co voso correo e comparto as cousas.
Bicos a todos

Outro Amigurumi do mar


Seguimos cos amigurumis do mar. Este inda non ten dono, pero en breve xa non será meu. Non teño identificado o tipo de peixe que fixen, seguramente se asemellará a algunha especie tropical.
O patrón descargueino en iskusa, pero se non o atopades deixademe i correo e volo mando.

Bicos e deica agora

20/5/10

Conflicto de intereses

No meu tranquilo mundo crafty, onde todo era harmonía, paz e relaxación, xurdiu un elemento novo que veu a traer o caos entre os alá existentes e estallou a guerra, sacou o peor de cadaquen.

Agora temo sair da miña casa e deixar sós os meus bonecos porque todos son rivalidades e competicións.

Tende coidado porque nunca estaremos prevenidos ne informados dabondo ante estas cousas.


Pelexas entre pais e fillos


Coidado!!! as imaxes que veñen a continuación poden ferir a sua sensibilidade








Loitas corpo a corpo

Intentos de fuga có botín (mirade que cara de rabecho)



Incluso apropiación indebida
Todo por un maletín!!! e iso que está baleiro.

Todos estos delitos teñen sucedido mentras eu me atopo fora do domicilio, cando os bonecos do meu cuarto se apropian do que atopan.

Por favor, non tente reproducilo no seu domicilio nin en presencia de menores.
Baixo ningún concepto metan un maletín de matrioskas pintadas na súa vida.

French knitter "made in feito na casa"


Querid@s tod@as, non sei se lembrades que tiña un proxecto para amosar, e que nunca podía ser, pois esta tarde foi!!!! levaba varios días moi crafty. Así que vai un french knitter totalmente artesanal, paso a paso e ilustrado con imaxes.

O primero que me pasou (coma sempre) foi que me antollei do aparelliño este e non o atopei por ningures (coma sempre tamén). Sei que en Internet se atopan, pero como os trámites son un pouco farragosos, os gastos de envío (para tan pouca cantidade) non me compensaban, e mercar algunha cousa mais só por amortizalos... ¡¡¡Iso non é nada DIY!!!, pois aquí me tendes.

De tódolos xeitos, se alguén ten a posobilidade de mercar un dos que están rematados con catro ganchillos ¡Que non o dubide! son mais cómodos para traballar, pero os que están rematados con paliños ou a xeito de horquilla son iguales a este caseiro, non paga a pena.

O primeiro é coller un bote que se poda aburacar polos dous lados, tesoiras, un rotulador, abalorios e paliños para facer pendentes, un chisqueiro, unha lima das unllas... e creo que con isto imos servidos!!!

Faise un buraco na boca do bote

E tamén se fai outro buraco no cú do bote
Para eliminar cantos picudos queimase con un chisqueiro
E tamén cunha lima das unllas se rebaixan os cantos, non vaia a ser que a lá quede prendida ahí e non podamos traballala

Márcase o sitio onde teñen que colocarse os paliños
E quentandoos co chisqueiro insertanse onde tiñamos marcado

Eu saquei os paliños dunha caixa de abalorios mercada nun bazar chino, creo que estos paliños se empregan para facer pendentes ou colgantes, non estou certa

Sácanse os paliños e énchense de abalorios ata a altura desexada, insértase no seu lugar, pónse de tope outro abalorio e dóbrase para que quede fixo
E xa está feito!!!

Se queredes saber cómo usalo, deixovos estos enlaces onde se explica paso a paso a técnica para facer cordones:

- Guía
- Vídeo

Deséxovos que vos fora de utilidade.
P.D.: andaaa, non sexades cutreeeees, deixádeme un comentario (e se é pelota mellor)

13/5/10

Tempo


Xa sei que o tempo nunca é unha excusa, pero neste caso tedes que perdonarme porque non o tiven. O fin de semana pasado tiña pensado facer unha cousa que teño en mente e non puido ser, e este finde pinta igual, así que tampouco farei nada.
Dame un pouco de rabia porque teño na mente un proxecto DIY que quixera compartir con vos. Xa será para a vindeira semana.
Mentres deixovos esta foto da miña galería dos horrores. Non podo dicir que boneco é porque (como todo o que fago) é un agasallo. Se alguén o adiviña doulle permiso para que o poña nos comentarios.

Bicos a todos

7/5/10

Problemas con arquivos descargados


Querid@s insomnes:

Acabo de facer un novo descubrimento que quero compartir con vos. Fedellando polo internet arriba atopo as veces algunhas revistas rusas e xaponesas desas que só nos gustan a nós, e como somos rar@s, pois extensións de arquivos raras tamén. Toda emocionada cós números atopados de Dolly Dolly, Duplet e outras que nin sequera sei como se traduce o nome, agardaba relixiosamente os tempos do DepositFiles, e cando descomprimia o arquivo... terror!!! uns arquivos que se apelidaban .DJVU estropeabanme o plan.

Entre col e col... leiturga!!! Un ser sabio que se aloxa nesta web ten a solución as nosas inquedanzas. Explícanos qué son esos arquivos, porqué non son malignos, dános o enlace para descargarnos o programiña (é gratis) además enténdese todo a primeira (vaia, sen falar con palabras técnicas).
O site é "Como hacer para... " vouno agregar os marcadores porque creo que voltarei a miudo.

Despois desta entrada tan técnica (estou que non me coñezo), xa sabedes que teño unha sorpresiña e que non pasa desta semana.

Bicos e boas noites.

1/5/10

Roupiña feita a man para a Blythe



Quero unha Blythe!!!! e cando a teña non vou parar de facerlle vestiditos coma iste, semella unha sirena. A ver se cae para o cumpreanos. O que mais me bota para atrás é ter que mercala por Internet, todavía son un pouco desconfiada porque non estou afeita, además a bonequiña en cuestión ronda os 80€, é como para pensalo un pouco.

E qué me decides deste vestidiño con volantes!!! pois vou aforrar e xa veremos logo se a teño así de curriña.

Tartaleta amigurumi


Fixen 4 tartaletas coma esta (ou cupcake), e a verdade é que a foto non lle fai moita xustiza. O patrón saqueino dunha revista xaponesa, estaba tan encaprichada con facelo que inda non sei ben cómo logrei traducir eses símbolos raros que acompañan os gráficos, será intuición crocheteira... e no Flickr inspireime un pouco para ver como a decoraba.
O certo é que saiu, e déixovos o patrón por se alguén quere probar sorte. Se non o entendedes ou algo poñédeme un comentario có contacto que o traduzo ou ben o explico un pouco mais.

BASE (marrón)
v1: 12 cadenetas ou pb (pontos baixos) en anel.
v2: 1pb +1A (aumento) en toda a volta, 18pb
v3: 2pb + 1A, 24 pb
v4: 3pb + 1A, 30 pb
v5 a v 13: 30 pb en tódalas voltas
Pechar

CREMA (rosa ou o color que escollades)
v1: 6 cadenetas ou 6 pb en anel
v2: A en tódolos pontos, 12pb
v3: 1pb + 1A, 18pb
v4: 2pb + 1A, 24pb
v5: 24pb
v6: 3pb + 1A, 30pb
v7 a v10: 30pb en tódalas voltas
Chegados aquí hai que facer a puntilla cá rodea, polo tanto na volta 11 hai que facer 5 veces está secuencia: 1ponto raso, 1ponto baixo, 1 ponto alto, 3 pontos altos metidos polo mesmo buraco, 1 ponto alto e 1ponto baixo. Se votades contas tómanse 6 pontos de base inda que aumentamos 3 nun ponto. O gráfico cutre-salchichero sería:
bbb b bb
rbAAAAAb

b:os pontos baixos, os da volta 10 son os de enriba
r: ponto raso
A: pontos altos

GUINDA (fucsia ou vermello)
v1: 6 cadenetas ou 6 pb en anel
v2: A en tódolos pontos, 12pb
v3: D(disminución) en tódolos pontos, 6pb
Pechar deixando un cabo largo para cose-la gunda.

Se fago outra tartaleta prometo poñer o paso a paso fotografado, porque creo que entre as miñas explicaciones e a revista japo... non sei cal escollería.

Aparte das cousas puramente crocheteiras, lin no blogue da amiga Damaris un enlace para programar entradas no blogue, e teño pensado facelo con esta entrada, a ver se funciona. E se alguén me explicase ou me dixese onde debería ir para dar formato as entradas estaría eternamente agradecida, porque vou facendo as cosas a ollo e logo pasa que teño que andar as voltas para que as imaxes e o texto non anden a bailar a conga.

Cambiando de tema drásticamente, prometo unha entrada espectacular para a semana que ven porque descubrín unha cousa que vai cambiar a miña vida ganchilleril drásticamente (vai cambiar para ben, que non quero crear inquedanzas)... tachán tachán... Que será...Non deixedes de lerme.
Bicos e apertas.
Blogging tips