Hola queridiñ@s:
Apunteime o amigo invisible de Póntelo Todo, é o primeiro o que me anoto, xa os contaré.
Unha entradiña rápida porque ando liada, pero xa teño asignado o meu amigo invisible. O luns comezo a fabricarlle as cousas que creo que lle poden gustar, teño varias ideas en mente.
Visitei seu blog e adícase a cousas distintas as que fago eu, eso está ben porque así faralle ilusión recibir amigurumis e cousas a ganchillo.
Tamén me gusta a min porque teño que investigar qué material lle pode gustar, así aproveito para documentarme noutras técnicas, que non sei nada.
Non podo dicir quén é porque chafaría a sorpresa, pero en breve vola presento.
Deica.
30/6/10
24/6/10
Galería dos Horrores II
Érase unha vez a triste historia dun anaco de chaqueta que vivía olvidada nunha bolsa enriba dun armario. Nacera duns ovillos de algodón e mais un ganchillo do 3.25.
Parecía que medraba, pero a sua creadora tiña outras cousas que facer e iba demorando o seu remate.
Entón chegou o verán, e unha chaqueta de algodón ten que sair en verán, pero ela estaba manca, así que saiu a estirar as pernas para estas fotos e volveu para a bolsa, a espera de tempos mellores.
Para o San Xoán non pudo sair a fachendear, a ver se sae para o San Roque.

22/6/10
Outro axouxere
Unha entrada moi rápida para amosaros outro broche, esta vez fixen un corazón de fieltro, un clip en forma de pinza, dous dados de cores sacados dunha pulseira, un imperdible con abalorios, unha flor de ganchillo, botones variados e o imperdible escollino co peche en morado.
16/6/10
Isto sucedeume a min
Pois nada, que me metín no reto do mes de xuño do foro de amigurumis, era unha boneca preciosa así que collín o patrón con moitas ganas, escollín as lás con moito mimo e púxenme a elo.
As orellas non me gustaban moito, así que quiteillas, o patrón interpreteino libremente, non sei moi ben porque, pero esto é o que saiu, presentovos a PIRUJEITOR, nada que ver cá realidade:
Os pelos quedaronme como as da bruxa avería, o da falda e outro tema:ocorreuseme poñerlle un volantiño e parece a Pantoja de Puerto Rico. E o da cara... bueno, mellor mirar para a cesta.

11/6/10
Axudaaaaa!!!
Xa sabedes que ando as voltas cunha Blythe que está de camiño, que ven dende Tailandia e blablabla... pois atopei La boutique de Lupi, e ten as cariñas de unhas 100 Blythes customizadas por ela, todas preciosas e todas bautizadas: Música, Cocorico, Lulú, Esencia de Trementina... pois a miña inda non ten nome. Así que déixovos o seu retrato, ou o que penso que me vai chegar, porque así ma venderon no Ebay.
Se vos inspira algún nome poñédemo nun comentario, así me axudedes a buscarlle un.
Se vos inspira algún nome poñédemo nun comentario, así me axudedes a buscarlle un.
Gustaríame un nome galego ou español, que fose un pouco orixinal pero tampouco demasiado rimbombante. Tamén me gustaría que fose histórico, ou relacionado cas manualidades, vaia que transmitise algo. Pero como quero todo, pídovos axuda, a ver se entre todos a bautizamos.
Bicos e deica.
9/6/10
Axouxere
É un imperdible recuberto con ganchillo e trangalladas cosidas, non ten mais.
Inspireime nun broche parecido que vin nun bolso nunha tenda de roupa, o bolso non me gustou, pero o broche deume ideas.
Creo que vou facer mais, porque remátase enseguida e aproveitanse moito material solto que anda danzando sen rumbo polo costureiro.
8/6/10
Babette
En vez dunha colcha xa era unha agonía: tiña todolos cadradiños feitos e non atopaba o momento para coselos... ata onte, que volvín a facer outra lista de propósitos (QUE CUMPRIN, ESTA VEZ SÍ) porque prometinme rematar a colcha, que era unha vergonza porque xa non quedaba nada.
Ahí vola deixo.
Bicos e deica
Ahí vola deixo.
Bicos e deica
4/6/10
O primeiro regaliño que recibo, e doullo a...
É o primeiro regaliño que recibo, de mans de http://rinconamigurumi.blogspot.com/, así que publicoo con moita ilusión e teño que dicir 10 cousas que me fan feliz e logo pasarllo a 10 blogs.
Vouvos contar cousas de Mi rincón amigurumi: firma as entradas Shea, gústame moitisimo a imaxe xeral do blog porque é moi transparente. As cousas que fai son Amigurumis principalmente, pero tamén por recetas de cociña. Non deixen de visitalo.
Dez cosas que me fan feliz:
1. Saber que todas as persoas que quero están ben.
2. As manualidades, facer amigurumis e ganchillo en xeral.
3. Os nenos, parecenme moi interesantes e que teñen cousas que son moi divertidas.
4. Os xoguetes, ven en camiño unha Blythe e penso tuneala.
5. Sair a rúa e airearme. Teño a praia cerca e teño como bó propósito estival visitala mais.
6. Ver cousas creativas que fai outra xente.
7. Leer, sobre todo cousas de pedagoxía.
8. Fedellar en aparellos electrónicos e en software libre. Tento entrar na era 2.1 e xa me considero unha blogger.
9. Fumar, sei que esto non se pode poñer, pero reláxame, socialízame, gústame.
10. Facer bromas, festas, saraos, e se hai que disfrazarse inda me gusta mais.
E agora tócame decidir a quén lle mando o regaliño. Despois de moito debatir decidín o seguinte:
- http://ronroneosyabalorios.blogspot.com/ unha mixtura de dúas cousas que me encantan: manualidades e gatos.
- http://ingara-ingara.blogspot.com/ un blog que está crecendo dunha tenda espectacular en Vigo- http://elrincondemisnenas.blogspot.com/ un lugar para soñar cheo de bonequiñas.
- http://sibiymay.blogspot.com/ sempre que entro a este sitio sonrio.
- http://retornoafontelacom.blogspot.com/ porque sempre está actualizadísima e fai cousas moi orixinais.
- http://vinosyvida.blogspot.com porque esta compañeira sabe moito de viños, e campeona de petanca e ten un blog estupendo
- http://takucienta.blogspot.com/ que está revivindo Cotton Dreams.
- http://amigurumisymas.blogspot.com/ pola sua xenerosidade, por os patróns completos de bonecos.
- http://tartarouchos.blogspot.com/ un blog para os que tecen e para os que gostan da vida en familia
- Por último, o que queira o agasallo non ten máis que pedirmo e encherei esta entrada final.
Bicos e apertas.
2/6/10
Amigo invisible
Vou participar nun amigo invisible, faime moita ilusión porque é o primeiro que vou facer. Nunca me entero destas cousas e dos swaps ata que pasou a data, pero esta vez teño tempo dabondo.
Propono http://pontelotodo.blogspot.com/
Hai que facer un cuestionario e publicalo no blog para que a amiga invisible sepa algo sobre min e ir eu o blog dela e enterarme das cousas que pon na sua enquisa (prometo poñelo en castelán, non vaia a ser).
Hai que facerlle tres regaliños a man (coma pouco), buscarlle ou facerlle unha tarxeta e mandarle algo de material.
O día 28 enterareime a quén teño que facerlle as cousiñas, e fedellando polo seu blog as cousas que lle gustan. A semana do 12 de xullo mandarlle o paquetiño, e tamén me chegará o meu!!!
Que ilusión!!! Estou desexando que cheguen as datas!!!

1/6/10
Eramos poucos
Catro pares de ollos están de camiño: verde, azul, marrón e laranxa.Pois nada, eu agardando pola miña bonequiña e atopo isto, o xusto para min: centos de Blythes organizadas por data. E todas me gustan, e quero todas.
No Flickr, como non, a Blytheopedia, con centos de tolas coma min, de tódalas partes do mundo, ca sua Blythe engalanada.
Ata na Casa do libro está This is Blythe, Hello Blythe e Blythe Style, de Gina Garan, uffffff!!!! acumúlaseme o traballo.
Inda así estou ilusionada ca que ten que chegar, demasiado entusiasmada seica, porque é unha boneca, non o premio gordo da lotería.
Mercouma unha amiga a través do Ebay, porque eu estou pez nesas cousas. O que mais dúbidas me xenera é que ven de Tailandia, non sei, tan lonxe, parece que ten todas para perderse. Cando chegue, atoparame dentro de tres semanas (o mínimo) cas unllas todas comidas dos nervios.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)