29/7/10

Xa ten nome

Invadeume a tolemia, despois de moito barruntar, pedir consello, preguntarllo a ela, mirar por internet...
Fareivos sufrir un anaco con tódalas opcións que cheguei a barallar.
Merchy de http://alittlegreenvalley.blogspot.com/ suxeriume Lía e Xiana, non me valeron porque a tía do meu mozo chámase Lía, e unha rapaza cá que fixen un cursiño chámase Xiana; có que o nome evocábame as persoas que xa coñecía.
Diana de http://elrincondemisnenas.blogspot.com/ díxome Iria ou Flavia. Iria é unha amiga doutra amiga, así que quedeime con Flavia.
Vicky, a miña compañeira de cursiño propúxome Penélope, que me gustou.
Do blogue http://tartarouchos.blogspot.com/  tamén recibín unha proposta, Fía.
Pola miña conta investiguei un pouco.

Busquei nomes tailandeses, porque a boneca viña de alá, e só me gustou Kasam que significa felicidade.
Dentro dos nomes galegos escollín:
Anatolia: significa oriente en grego, por eso de ca boneca ven dalá
Froila: terra do señor
Gala: en xermano, muller dos galos, e por Dalí
Guiomar: muller ilustre, e pola poesía de Antonio Machado
Rexina: en latín, reina
Xisela: forte pola sabiduría

Tamén me gustaba Corsa, coma unha amiga miña, que significa venida de Córcega, non te que ver ca marca dos coches. A miña amiga estaba moi de acordo, suxeriuno ela.
Como chegou o sábado e era Santa Cristina, tamén pensei neste nome, pero descarteino porque coñezo a varias.
Andiven a meditar, ata que decidín que a sorte me acompañase. Non era plan facer un sorteo con tódolos nomes no Sortea2, quitaríalle o aquel a cousa, así que decidin facelo de xeito caseiro, e que escollera ela.

Logo caín que cando chegou a boneca era lúa chea, así que por qué non Meiga.
Dixeronme que era axeitado, porque a todos ó meu redor dalle medo, así que Meiga lle quedou.


Mira que dou voltas para presentarvos a boneca!!!!

28/7/10

Patrón monedeiro-sandía

Para o Amigo invisible de Póntelo Todo Tocoume Patricia de Las Joyitas de Paspas, e nos cuestionario poñía que a sua froita favorita era a sandía. Iso acendeume o chip e ocurreuseme facerlle un monedeiro, é moi doado porque consiste en aumentar sempre as voltas de 6 en 6 pontos baixos, nembargantes deixovos o patrón:

DIANTEIRA
En rosado:
V1:facer 12 pontos baixos (en adiante, pb) en anel máxico (en redondo)
V2:1pb+ 1A (aumento) (18pb)
V3: 2pb+1A (24 pb)
V4: 3pb+1A (30pb)
V5: 4pb+1A (36pb)
V6: 5pb+1A (42 pb)
V7: 6pb+1A (48 pb)
V8: 7pb+1A (54 pb)
V9: 8pb+1A (60 pb)
Pechar e cambiar a branco
V10: 9 pontos altos (en diante pA) +1A (66pA)
Pechar e cambiar a verde
V11: 10pb+1A (72 pb)
V12: 72 pb como volta de remate. Pechar e deixar un fio largo para coser a cremalleira e a parte traseira

TRASEIRA
É case igual cá dianteira, pero moito más sinxela porque é toda con ponto baixo e non hai cambios de cor.
En verde
V1:facer 12 pontos baixos en anel máxico
V2:1pb+ 1A (aumento) (18pb)
V3: 2pb+1A (24 pb)
V4: 3pb+1A (30pb)
V5: 4pb+1A (36pb)
V6: 5pb+1A (42 pb)
V7: 6pb+1A (48 pb)
V8: 7pb+1A (54 pb)
V9: 8pb+1A (60 pb)
V10: 9pb+1A (66pb)
V11: 10pb+1A (72 pb)
V12: 72 pb como volta de remate. Pechar e deixar un fio largo para coser a cremalleira e a parte dianteira.
 Cunhas contas negras, coser preto da parte branca imitando as pepitas.

27/7/10

Patrón tartaleta amigurumi, pero mellorada

Xa van 5 tartaletas (ou cupcake) con alfineteiro, a última foi para Patricia de Las Joyitas de Paspas
E como xa subira o patrón hai tempo decidín retomalo (vaia, que o copiei, o que non é tradición é plaxio), engadir os novos arranxos, por exemplo, agora é un pouquiño mais grande, e unha breve explicación para endurecer o ganchillo da base.
O patrón saqueino dunha revista xaponesa, por suposto descargada de aquí (que non sei nin pronuncialo) saqueino (coma non, outro plaxio) de El Duende de los Hilos, esta moza é unha eminencia en todo o kawaii e o crafter. Estaba tan encaprichada con facelo que inda non sei ben cómo logrei traducir eses símbolos raros que acompañan os gráficos, será intuición crocheteira... e no Flickr inspireime un pouco para ver como a decoraba, inda que agora xa teño estilo propio na decoración das miñas tartaletas.
O certo é que saiu, e déixovos o patrón por se alguén quere probar sorte. Se non o entendedes ou algo poñédeme un comentario có contacto que o traduzo ou ben o explico un pouco mais.

BASE (marrón)
v1: 12 cadenetas ou pb (pontos baixos) en anel.
v2: 1pb +1A (aumento) en toda a volta, 18pb
v3: 2pb + 1A, 24 pb
v4: 3pb + 1A, 30 pb
v5: 4pb+1A, 36 pb
v6 a v 14: 36 pb en tódalas voltas
Pechar

CREMA (rosa, azul ou o color que escollades)
v1: 6 cadenetas ou 6 pb en anel
v2: A en tódolos pontos, 12pb
v3: 1pb + 1A, 18pb
v4: 2pb + 1A, 24pb
v5: 24pb
v6: 3pb + 1A, 30pb
v7: 4pb+ 1A, 36pb
v8 a v11: 36pb en tódalas voltas
Chegados aquí hai que facer a puntilla cá rodea, polo tanto na volta 12 hai que facer 6 veces está secuencia: 1ponto raso, 1ponto baixo, 1 ponto alto, 3 pontos altos metidos polo mesmo buraco, 1 ponto alto e 1ponto baixo. Se votades contas tómanse 6 pontos de base inda que aumentamos 3 nun ponto. O gráfico cutre-salchichero sería:
bbb b bb
rbAAAAAb

b:os pontos baixos, os da volta 11 son os de enriba
r: ponto raso
A: pontos altos

GUINDA (fucsia ou vermello)
v1: 6 cadenetas ou 6 pb en anel
v2: A en tódolos pontos, 12pb
v3: D(disminución) en tódolos pontos, 6pb
Pechar deixando un cabo largo para cose-la gunda.

Para decoralo, collín uns fios e cosinos o redor facendo unha espiral. Tamén lle engadín uns alfinetes, as veces cósolle tamén boliñas de madeira ou cerámica.
Enchino con guatamurano (cómo é que se di guatamurano en galego??) e para cerralo repetín os pasos da base ata a volta 5, para obter un redondel da mesma medida cá base (36 pontos baixos), cambiei de cor na volta 6 e seguín aumentando 6 pontos baixos por volta nas duas seguintes voltas. Logo cosino cun cabo que deixei longo o rematar procurando que non sobresaise pola zona azul.

Para endurecer a base, boteime a aventura, primeiro probei cunha mostra que tiña có mesmo fío e logo xa pasei a base, con todo eso cheguei a estas conclusións:
Hai que usar cola branca e unha brocha plana bastante grande.
Primeiro hai que humedecer o ganchillo cá brocha mollada en auga, sábese que está ben mollada porque o fio vese mais oscuro, pero non gotea.
Logo misturase (a ollo) una parte de auga e outra de cola branca.
No ganchillo (humido) esténdese unha capa xenerosa, tanto por fora coma por dentro. Verase que o tecido pónse branco, pero isto é un efecto momentáneo.
Deixase secar. O que fixen eu foi poñelo enriba dun prato, para que non perdera a forma de abaixo. O de enriba xa ficou teso porque o ponto era moi preto, xa tiña forma.
A mañá seguinte xa estaba seco, pero me parecía un pouco brando, así que boteille por dentro outra man de cola branca, esta vez sen misturar con auga. Non lle botei por fora porque quería que tivese o aspecto mate do fio.
Agardei outro día, e xa estaba a base do alfineteiro.

Coma sempre vos digo, o que precise dalgunha explicación a maiores, que mo faga saber nun comentario, e que non se corte, que eu estou encantada de compartir todo canto fago.

26/7/10

Xa chegou a Blythe

Tralaraaaaaaaa!!!!
Hoxestou de chegada en chegada.
A Patricia de http://lasjoyitasdepaspas.blogspot.com chegoulle meu agasallo do Amigo Invisible de http://ponteletodo.blogspot.com , eu inda sigo agardando polo meu, imoslle dar un pouco de tempo.

Onte veu a miña amiga a traerme a Blythe. Eu a pedira co vestido verde, pero veu en vermello (que tamén me gusta). Quería un xogo de chips dos ollos en marrón, pero viñeron en laranxa.
Xa furguei na sua cachola, e creo que poderei cambiarlle a sombra dos ollos, porque non me gusta demasiado.

Inda non ten nome, non sei como poñerlle todavía, quizá algo relacionado co Santago Apóstol.

9/7/10

" O Papamovil"

Esta perigosa criatura naceu onte, fruto do síndrome do xubilado. Tamén tivo algo que ver perlé do 7 e un ganchillo anatómico do 3.


Agazapado tralas portas acecha as suas presas.


Achégase a elas e abre a boca, non porque quede apampado, ten outros plans.


ESCALOFRIANTE!!!!!


Vemos como inxire o teléfono, que non é capaz de evitalo, nin co vibrador nin co politono da Macarena.


Parece que se fixeron amigos pese a todo, porque as historias deste blogue sempre acaban ben. Que mellor final que quede colgando o axouxere de Pesadilla antes de Navidad.

7/7/10

Tiña razón o pulpo

Campeones campeones oeoeoe!!!!!!!!!
Xa estamos na final, e a algarabía do meu barrio é impresionante. En Vigo tamén temos noso "Manolo el del bombo". Botan foguetes, os coches pitan o pasar, todo o mundo canta e axita as bandeiras.
Non todo ía a ser crise!
Así que o pronóstico do pulpo alemán cumpriuse, e todos a celebralo!!! Octopus to the Party!!!

Abrindo o alijo

Hola queridiñ@s:
Xa fai que non escribo nada, pero teño unha chea de excusas: exames, mudanza, viaxe, cursiño...estou facendo e maquinando a ganchillo, pero non podo amosar por mor do swap de Póntelo Todo. Así que hoxe abrín o "alijo" de fios e lás.

 Este é o alijo de perlé do nº 5. Usoó sobre todo para os amigurumis. O ano pasado estaba louca con él, pero pouco a pouco vou buscando fios mais grosos.


Son 100 gramos de 100% algodón. Vai de verde oliva a laranxa. Merqueino ca idea de facer unha chaqueta de verán para bebé, pero terá que ser para o verán que ven, porque este non hai nenos.

Esto é un caprichiño, 200 gramos de "lazo" sintético que mistura cores e texturas. A idea sería facer unha chaqueta en ponto segredo (nó de Salomón) pero inda teño que acabar outra de algodón (que xa lle dediquei unha entrada).
Cando merquei esta lá gustoume moito (ademais que cada ovillo estaba a 1€, jeje, eso é un detalle) pero agora dame algo de medo o resultado.
E isto é todo por hoxe, cambio e corto.
Blogging tips