18/9/10

A historia do cactus que non pica

Quería facerlle un regalo a unha persona que para min é moi especial, porque pensou en min e creeu en min. Entón dinlle un pouco a cabeza, e non se me ocurría nada, sabía que lle gustaría algunha cousa que tivera que ver co benestar, a saúde, entón ocorreuseme que tiñan que ser vexetais ou animais que inspiraran paz.

Como sempre no Flickr, no Picassa e no Ravelry haiche de todo, así que comecei a fisgar e marcar como favoritas moreas de cousas das que vos deixo a continuación os enlaces:
Gústabame moito esta árbore, e inspiroume moito, pero de seguido me desviei a vertente Kawaii das cousas, como esta, esta, esta, esta, estoutra, estoutra mais ou aquela, por enlazar algunha.

 Eu xa vira por internet fotos de amigurumi pranta, hainas que semellas prantas tal cual polo logrado que está, pero eu quería algo que non parecese feito por Maricroqui (definición de Maricroqui para a autora: perteneciente o relativo al mundo choni-marujil con tendencias rancias, sin caer en el tapete de piñas), así que sabía que tiña que fuxir de cousas así, así ou así, que ata teñen pinta fúnebre, non vaia ser o demo.

 Despois de este momento  Maricroqui teño que compensarvos con algo, e é, como non, Crochettes, que creo que é da mesma  nena de Duduá, pero non estou segura. Gústabanme moito,e sácanse bastante ben a ollo, pero eu quería que tivesen maceta.
Diana Prince, que é a deusa das deusas e fixo este patrón de balde, case cae, pero mirando no "alijo de fios e lás" non tiña as cores axeitadas, e como un dos meus bós propósitos outonais é ir esgotando o alijo antes de mercar cousiñas novas (excepto a lá que precise para o Clapotis) xa non me despendolei na búsqueda do fío.
CrochetJardim ten moitos cactus como este, este ou este, e esta árbore que pareceume espectacular.
Esto houbérame facilitado moito as cousas, pagas e tes o patrón completo, pero xa sabedes que estou totalmente en contra, de feito penso facer unha entrada polemizando sobre este tema.
 


A maceta saqueina de este patrón, o Cactus family. Avísovos que ten algún erro, porque nos aumentos das filas do medio non coincide o número de aumentos co total de puntos da volta.
Escollín lá para traballar con agullas ou ganchillo de 4mm, pero traballeina cun ganchillo do 3,25 porque quería que quedase apretado. A cor é terracota.
Tamén vos aconsello que traballedes ata a volta 7 cerrando as voltas con punto raso e comenzando a volta cunha cadeneta (non en espiral) porque hai que traballar a volta de base do maceteiro (a 5) collendo pos puntos por fora, e ca espiral nótase o cambio de volta.
Na imaxe vése que estou cosendo o ala do maceteiro para que quede mais firme.

O cactus pequeno saqueino deste blog, é o patrón número dous, pero non me gustou a relación entre a maceta e o cactus, parecíame unha boliña demasiado pequena, así que baseado no mesmo patrón fixen una mais grande, aumentando a ollo as cousas.
A floreciña non sei de onde a saquei, pero é unha das cousas que mais levo explotado: que necesito un adorniño, pois lle poño a flor; que teño que probar unha lá ou un ganchillo, a flor é o que fago (será un atavismo?)

E o alongado peludo é o patrón número catro do blog de antes, pero sen os braciños. Non lle puxen adorno ningún porque a pelusa que ten é tan larga que tapaba todo o que lle poñía.
A lá verde con pelos saíu dun bazar chino. Nunca vos ten pasado que mercades unha cousa, e xa sabedes que non a ides a usar, pero hai un nonseiqué que fai que inda así a levedes, pois con esta lá de imitación de césped ocorreume así (e teño outro novelo en casa cor fresa que xa ten seu destino escrito, e é para converterse nun tomate sicótico coma este).

Vése nesta imaxe que tamén usei a lá peluda para facer os debuxiños da bola. Cosina cunha agulla sen punta.
Os abalorios que escollín foron cor verde botella, gustáronme especialmente porque o vidro lembroume os anaquiños de cristal que se atopan na praia, cosinos con sedal transparente.

Para a terra collín lá cor chocolate, xa a tiña da Babette e do meu patrón das tartaletas. Fixen oito puntos baixos en anel e fun aumentando de oito en oito en cada volta. Como a maceta ten 56 puntos na parte ancha fixen outros tantos e mais dúas volta sen aumentos para que quedara ovalado.

Primero enchín a maceta con guatamurano sintético e cosín a terra por riba, logo fun cosendo unha a unha as prantas.
O rematar decateime que o pratiño que ven co patrón da maceta era un incordio, así que cosino a base, para que non escape.

E creo que nada mais me queda por contar.
Deixovos unha morea de fotos porque estou bastante contenta co resultado final.

Coma sempre vos digo, quen queira algunha aclaración porque esté facendo algo semellante ou que escriba o patrón que mo poña nun comentario, que eu comparto todo.




13/9/10

Tarta os tres chocolates... e algúns Lacasitos

Boas queridiñ@s, non todo iba a ser alimento da alma, hoxe toca relamerse.

 

 Como vedes é unha enxebre-tarta os tres chocolates presidida pola nosa bandeira.

Hai tempo que tiña esta entrada pendente de publicación porque non sabía moi ben como poñela.
A primeira vez que vin a tarta os tres chocolates e a probein case non cria que fora feita na casa.
Gustoume moito e ardeume a cousa de facela, deseguido fisguei polo internet e atopei a receta.
Non me costou nada facela porque é doadísima.
A cousa é que a receta non é miña, entón non é plan poñer a receta copiada de nonseionde facendo como que era miña, pero por outra banda, non lembraba de onde a collera, porque vira varias páxinas. Eu creo que fixen un mezclajo mental do que vin e lin e por iso agora non atopo de onde a saquei.

Así que vou a recomendarvos un blog que é este, chámase acibechería e explica a receta con moito xeito, non é exactamente a receta que eu fago, pero seguro que sae mellor, non hai mais que comparar as suas fotos da tarta cas miñas.

Pois o dito, tendes que probala porque está boísima, xa a fixen 4 veces e alá onde foi triunfou. As miñas compañeiras de piso xa a fixeron ou a encargaron para facer.

 
Na base eu póñolle Cookies no lugar de galletas María, deixovos ahí esta idea por se queredes cambiar un pouco a cousa.

E isto é todo por hoxe. A verdade é que non ando liada e teño varios kawaii-proxectos a piques de rematar, así que igual sorpréndovos con outra entrada esta semana.

Moitas gracias por lerme, moitos bicos.

6/9/10

Setembro: o mes dos coleccionables

Antes de dicir nada, xa non empezo a coleccionar ningunha cousa porque nunca fun quen de rematar ningunha colección e cánsome.
De pequena os selos e o albúm de cromos de Panini. Xa mais maior foron posavasos e marcapáxinas. Coas xoaniñas púxeme moi pesada e agora cade vez que vexo unha póñome mala.


Hai estudios que din que que comezar algo, unha colección por exemplo, pode axudarnos a fixar un obxectivo e olvidarnos doutro, isto é bo para superar o síndrome postvacacional.
O certo é que nos bombardean con unha chea de cousas: xadrez da Guerra das Galaxias, camións de antaño, abanicos... e cada vez son menos orixinais.

O venres na estación do tren merquei Ganchillo Fácil, estiven botándolle un ollo ó fascículo e é para moi principiantes: cadeneta, ponto baixo e ponto alto. O DVD todavía non o mirei, pero imaxino que será o mesmo pero amosado, que sempre é unha axuda para quen empeza.
Recoméndovos o primeiro número, inda que xa sepades facer de todo porque por 1€ van dous ovillos de 25 gramos, un en cor grosella e outro en cor caramelo que me inspiraron de inmediato para outra tartaleta-alfineteiro ou algo así. Tamén ven un ganchillo de 4mm, que era unha das numeracións que non tiña.
 Así que montei no tren toda contenta.




2/9/10

Comezando ca calceta

Amiguiñ@s, estou intentando aprender a facer calceta.

Cando conto que non sei a todo o mundo lle parece raro. Pois si, había no mundo unha ganchilleira que nunca collera unhas agullas, pero iso está a cambiar.

Na primeira xuntanza de Liantas da Ría Sun e Beatriz77 trouxeron candansua calceta, ademais de prendas feitas por elas, alí picoume a cousa de aprender. Elas usan agullas circulares e recomendáromas.

Fun os chinos de Gran Vía, que son o Corte Inglés das gangas, e merquei unhas agullas circulares polo módico precio de 75 céntimos, tampouco quería investir moito por si aquelo non saía. Collín un ovillo o que non lle teño moito amor e empecei a malgastar lá facendo e desfacendo.

Manoly tivo que montarme os puntos porque eu non era quen, pero como é zurda eu non me aclaraba.
Así que metinme no Youtube que para isto é como a Enciclopedia Británica en plan Broadcast.
Hai cantidade de vídeos que me axudaron, inda así non estou moi convencida porque os reveses van indo, pero teño a dúbida de se fago ben os dereitos, porque como vedes na foto todo me saen reveses.

As agullas duráronme media tarde, porque xa as rompín, non sei se polo ímpetu do principiante ou porque eran malas de seu. O caso é que merquei outras na mercería e xa levan comigo dende o venres pasado.


Esto é o que levo feito, e non é có puxera do revés, é que todo me queda así, por non falar que comecei con 50 puntos e agora estou con 43.
Tamén hai buraquiños, creo que son a proba de onde perdín os puntos que faltan.
Teño puntos tan apretados que non podo traballalos ca agulla e os collo co ganchillo e os meto na agulla outra vez.
Logo tamén me saen puntos demasiado frouxos (que casualidade, o lado dos que estaban apretados) e queda a cousa como caladiña.
Como toque positivo para rematar a entrada direi que cada vez o fago mais rápido e vaime quedando mellor, así que teño que buscar un patrón de nivel inicial para motivarme.
Agradécense suxerencias.

Día do blog

Entereime por este blog que onte foi o día do blog, un pouco tarde, pero felicidades a tódolos blogueiros, a blogosfera en xeral, os comentaristas, os que crean os gadgets... ata se me descuido os creadores do Google Analytics.
Para o ano que ven espero lembrarme a tempo e facer un amigurumi conmemorativo.

1/9/10

Fíos, las e casi telarañas

Queridiñ@s:
Estou moi emocionada porque comecei un CAL cas nenas do grupo "Liantas da ría". Comecei a ganchillar onte, pero xa levaba uns días falando do tema, buscando las, escollendo cores, en grupo todo faise mais divertido.
Un CAL, que tiveron que explicarme qué era é unha xuntanza de persoas que fan cadanseu proxecto o mesmo tempo, nes te caso é o Juliana Wrap, así se axudan nas dúbidas, danse folgos...

No Leiras e Enredos temos unha liña adicada o Juliana, que é esta, non sei se o poderedes ver se non tedes conta no Ravelry, xa me contades.
Así que ando metida nestas lerias e tiña o blog un pouco abandonado.

Además estou aprendendo a facer calceta, inda non domino os dereitos e reveses, perdo puntos... xa teño un anaco tecido, cheo de buracos, pontos apretados e frouxos.

Teño unha sospeita sobre por onde meto o fío, porque ensinoume Manoly, que é zurda, e os vídeos do Youtube. Creo que non meto ben a agulla nos dereitos e complico a cousa mais do que é.

Pois eso, que ando no choio, pero por outros lares, así que non escribo moito (agora toca o de facer os bós propósitos de que prometo escribir mais, poñer mais fotos...) e é verdade, quero escribir mais e visitar mais as vosas bitácoras e  enchervos de comentarios.

Bicos e ata xa (por iso dos bós propósitos).
Blogging tips