27/10/10

Agullas

O pasado mércores chegaron as miñas agullas!!!

Escollín as agullas intercambiables en metal, e merquei de varios números porque tiña bastante clara a cousa.
Tamén merquei os cables para cambiarlle, un estuche para gardalas, un contador de calibres e un ganchillo tunecino.
Agora xa se me foi pasando un pouco a cousa, pero o mércores estiven todo o día fuchicando nelas.
Paréceme que fixen unha boa compra, xa teño todo canto necesito para calcetar por unha boa tempada.

19/10/10

Vigo-O Barco Rexional Express



Chámase así porque empeceino cando collín o tren en Vigo e case o remato no traxecto. Só me quedaron as últimas catro voltas que fixen na casa.

O patrón é moi sinxelo, se alguén sabe facer amigurumis é o mesmo, trabállase por voltas e os aumentos van de 6 en 6 pontos.
Recomendo facer proba de tensión porque lendo o patrón convenceráme de que precisaba un ganchillo de 6 mm e con un de 5 mm apañoume a cousa, e iso que eu traballo moi apretado.

O de afieltralo foi unha cousa rara, intenteino facer a man. pero non o recomendo, o auga quente non é suficiente, hai que frotalo enérxicamente, así que direitiño para a lavadora metendo no bombo algunha cousa mais para que teña algo para frotarse. Eu usei un albornoz.
Metino a 60º, co programa curto e non o deixei centrifugar, escurrín o auga, quiteille outra pouca cunha toalla seca e logo púxeno a secar un rato no pino que vedes na foto e outro rato envolto noutra toalla.

Eiquí o enlace do meu proxecto o Ravelry, para velo hai que estar subscrito, pero vaia, eiquí poño prácticamente o mesmo.
O patrón é Fine Feathered Cap by Linda Cyr da Revista Crochet Today.
A lá é Debbie Bliss Donegal Luxury Tweed Aran, en rosa e gris.
Inda me sobrou un bó anaco de lá, así que teño pensado facerlle un lazo para adornalo.
Bicos e deica.

12/10/10

Facer ou non facer... esa é a cuestión

Teño un bautizo o 6 de novembre e unha voda o día 4 de decembre.
Teño este patrón na cachola.
Píntano moi sinxelo, punto xersei e tirar metros.
Técese con agullas de 5mm inda que a lá ten que ser moi finiña.
Recomendan unha lá con 70% de mohair, dous ovillos.
No Ravelry hay moreas de exemplos en moitas cores (para ve-lo enlace hai que estar suscrito).
Fai pouco que calceto, estaría ben facer un proxecto longo para coller soltura, ademais sabendo que non ten moito aquel.
A lá, se collo a que pide o patrón é Rowan Kidsilk Haze, preciosa, maravillosa... e a 10€ aproximadamente o ovillo. E teño que pedilo polo mundo andiante, co que a cousa pode tardar un pouco, dende que me decida uns 4 días.

Está é a parte obxetiva do asunto.


Agora ven o dilema:
¿ Serei quen de facelo? Sabendo meus antecedentes co Clapotis.
¿ Darame tempo a rematalo en datas? Entre unha cousa e a outra (con festivo polo medio) a lá non a terei, como moi pronto, ata o día 17 deste mes. Para o bautizo do 6 de novembro non vou contar co chal (ata ahí chega meu sentido común), pero queríao especialmente para a voda.
¿Traballarei ben con lá tam finiña? Nunca calcetei mohair, igual o estrago todo. Ademais contando que a cousa non baixará de 20€ poñéndonos estupendos co envío.

Se alguén que me lea ten coñecementos sobre a cousa, fixo algunha cousa semellante ou traballou con mohair e parécelle igual ca lá de toda a vida, que mo conte, agradecereillo infinito.
Saudiños.

11/10/10

Anuncio tricotado

Esta mañá lendo os vosos bogs atopei esto no de Duduá, é o anuncio de Gas Natural para Bélgica.
Xa me gustara o do paisano que se quedaba xeado, pero este supérao, polo menos para os amantes das labores.
Que o disfrutedes.



10/10/10

O filliño do cactus que non pica

Hai xa días que o Cactus que non pica ampliou a familia cunha cría. Coma sua nai, naceu do agradecemento e en canto saiu marchou a reunirse ca súa nova dona.
Ultimamente crecen coma malas herbas, inda que non o son.
 É pelirrojo, como sua nai.
 
Aquí vémolo posando fachendoso a tamaño grande.

Gracias por lerme.
Deica!!

8/10/10

Mi carroooo!!!

Hai xente que se desfai de cousas que outra pode precisar, pois este é o caso.
Non sabía onde meter as las que levo acumuladas, porque as tiña en varias bolsas agochadas no armario.
A veces sucedíame que non sabía onde as gardara, qué tiña exactamente, porque para os amigurumis precísase moi pouca la, pero de cores moi concretos. Pensara en metelas no stash de Ravelry, pero non son las especiais. Tamén leva seu traballiño clasificalas: e hai que sacarlle foto, tamaño de agulla e ganchillo... e logo outra vez a misma, porque para atopalas hai que buscalas.
A opción mais sinxela e a vez mais efectiva parecíame mercar un moble para gardalas todas xuntas e ordenadiñas.
Entón atopei esto:
Estaba tirado na rúa, é un moble botelleiro, que con pouco de limpeza e Loctite transformouse no carro das las:

Ademais de ter capacidade para moitas las e sairme gratis, tamén ten propiedades psicolóxicas:

- Ver tanta la xunta impídeme mercar mais.
- Sinto que teño "un carro de las", o que me xenera felicidade.
- Teño todo a vista, acabouse o de ordenar, fuchicar e desordenar, e logo ter que volver a ordenar.
- Vexo os proxectos que teño a medio facer, o que me impide aventurarme a outros.
- Busquei refráns de carros e atopei este: "con un carro y un borrico se hace un hombre rico" (preciso un borrico, jeje).

Pois nada mais queridiñ@s.
Ata a próxima





5/10/10

Meiga engalanada

Sorpresa sorpresiva para Meiga.
Este venres chegou seu traxe de galega, feito por Yococo by Ronmiel.
Yococo by Ronmiel é unha artista que fai moitas roupa para Blythe. Eu seguía este seu blog, e via moreas de cousas que me gustaban. Entereime que tiña tenda en Artesanum. Tamén ten moitas cousiñas no seu Flickr.
 Ahí se me acendeu a bombilla ¿Porqué non lle propoño que me faga un traxe para Meiga? E dito e feito.
Que si o refaixo que asome, que si o dengue nonseicomo, ufff!!! Eu recoñezo que son unha pesada.
É moi bonito, moito mais bonito do que eu imaxinara, tan ben rematadiño... quedei abraiada do ben que traballa esta rapaza.
Agora Meiga non o apea, é o único que quere.
Deixo probas dos feitos:
 Meiga furgando no se paquetiño
 Detalle da puntilla.

Mais imaxes no futuro en no Flickr.

Bicos a todos.

Blogging tips