26/11/10

Marcadores

Pedímosllos a Troy, e adicoulle no seu blog esta entrada. 
Merchy tamén falou deles no seu blog.
Só faltaba eu por dicir algo deles.
Encantanme, e teñen os seus lombos unha larga historia.
Parecenme moi útiles
 Alegres


Vaia, que estou moi contenta.
Anque o texto e as imaxes anden bailando polo editor adiante e teña que facer números para achegalos (estarán pelexados?).
Creo que quedarían mais locidos espetados na agulla tamén, pero entresacados no tecido.

18/11/10

Tecendo o Futuro

Mediante unha compañeira do traballo entereime desta iniciativa.
A ONG Implicadas no Desenvolvemento quere facer una colcha con 200 cadradiños de 14 X 24cm, o obxectivo é recaudar fondos para un proxecto que teñen na India, deixovos o enlace o seu blogue onde o explican todo detalladiño.
No blogue Espacio Crochet tendes imaxes da colcha que fixeron o ano pasado, xa veredes que bonita.
Hai dous xeitos de colaborar: donando cadradiños ou comprando unha rifa para que che toque.
Merchy e mais eu imos ganchillar/calcetar algo, ademáis somos fanáticas dos Grannys, e eu ando as voltas co Fair isle.
Seguro que non vos costa nada botar una man, poñendo no Google "granny square" aparecen moreas de deseños e seguro que algún vos gusta. Hai este grupo adicado os cadradiños en Flickr e o blog Grannymanía que é adicado solo a eso.
Se queredes patróns ou gráficos xa sabedes que vos podo axudar a atopalos na medida das miñas posibilidades.
Saúdiños!!!

15/11/10

Fair isle

Lémbrame os invernos de fai moitos anos.
Explica a sua orixen Rosalía no seu blog El mon de Rosalía, adicalle esta entrada onde queda a cousa ben clariña.
Se facedes unha búsqueda no Ravelry en regional/ethnic styles aparecerán 1.273 patróns adicados o Fair isle, creo que non me gusta a min sóa.


O certo é que estoume documentando de cómo se fai, e tampouco teño moito tempo para pesquisas porque estou facendo cousas para antes do Nadal.
Inda que sexa unha mostriña pequena a dúas cores cun deseño básico algo terei que facer: un cubretaza, unha carteriña... acéptanse suxerencias.
O xersei que vedes nas imaxes merqueino en Knit Box.
Gústame moito, converteuse de golpe no meu xersey favorito.

11/11/10

Contando ovelliñas

Chegou dende Ovejita Be, que é unha pedazo de artista, gracias por todo.
Dous sobres, tachán tachán!!! Qué terán dentro??
Moitas cousas: caramelos, lazos, tarxetas, colgadores para o móvil...
E un rebaño peculiar.

A mais grande,  que é colorida vive entre a porta do armario e a alfombra. Posa na imaxe co seu traxe festeiro. Véselle que, o ser a maior, ten certo aire de responsabilidade.
As catro pequenas na súa bolsiña parecen formais, mirade que serias para o retrato.
Pero por solto é outra cousa.
Cada unha pace de seu, e as xemelgas se separaron e unha está en Vigo e outra pace en Porriño ¿Cómo o estarán a pasar?

 Se as vedes e vos atopades en apuros non dubidedes en escapar delas, pero se queredes ir de festa podédelas chamar e iran convosco a festas universitarias, espichas, festas de prado, romerías, feiras, verbenas, o Albariño, o Polbo de Carballiño, a do Gando de Monterroso, o desembarco Vikingo de Catoira, a festa da Androlla de O Barco, a da Fillo de Lestedo, a da Freba de Petín, a Festa do Pemento de Padrón, o Choco de Redondela, a Medieval de Ribadavía, a festa do Esquecemento de Xinzo... e o Luar da Televisión de Galicia.
Deica!!

4/11/10

Aparellos afíns

Hola queridiñ@s:

Nos vos conto a miña vida porque soaría a excusa, pero de feito andiven liada e coido que ata finais da semana que ven terei unha chea de cousas apuntadas na ringleira de pendentes.

Pero imos o choio, este bolso víno e quíxeno o instante. A que mais sabe de cousas de punto da contorna e Beatriz77, e tiña dous coma este, bueno, os dela son mais bonitiños porque están feitos con telas combinadas.
Pasoume o patrón pero non o atopo, a bolsa chámase Grab Bag, deixovos o enlace que atopei na web.
A gracia desta bolsa é que as asas son asimétricas en envólvese unha na outra, deste xeito queda a labor gardada.
Hai moitos exemplos pola rede, coma esta, esta, ou esta.
Como non teño idea de coser axudei  naquelas cousas para a que non fai falla ter maña, e o de cosela a máquina fixéronmo.


Eu doulle moitísimo uso, inda que a miña non ten petos dentro, porque é bolsa de seu, pódese meter pechada noutras bolsas e o tamaño é axeitado para as miñas labores: dous novelos, agullas circulares e patrón de media carilla.
Ca experiencia desta teño pensado facer outra intentado pulir pequenas cousas que non me convenceron de todo.
O que queira o patrón que mo poña e o busco maís polo miúdo.
Bicos e deica.
Blogging tips