20/12/10

Felices Festas

14/12/10

I+D+i Fíos

Tutorial: Cómo endurecer as bases das tartaletas ou de calquera obxeto a ganchillo.
Despois de buscar bastante pola rede e atopar pouco o respecto, decidinme a facer probas e experimentos ata acadar o resultado que eu quería, así que meu departamento mental de I+D+i argallou este sistema sinxelo e barato.
O primeiro é ganchillar a base moi apretada, cun número ou dous menos do que pide a lá, con esto a base xa quedará de seu con algo de forma.
Precisamos:
 - Auga
- Un vaso
- Un cú dun vaso
- Brocha
- Cola branca
- Un plástico para non luxar

 Tamén está ben buscar algún obxeto que faga as veces de base, polo menos mentres non está duro de todo, esto axuda a darlle forma, eu escollín o cú dun vaso de plástico.
 
Deixovos esta imaxe, porque é moi importante humedecer a base, pero non empapala en auga, a idea é que esté humida para que logo a cola branca se esparelle mellor pero non empapada para que non admita a cola.

 Non sei a proporción exacta entre a cola e o auga, pero a metades mais ou menos. Que non quede moi espesa pero tampoco moi fluida.
Inda que se vexa a base pintada de branco, o secar queda transparente.
A man, o igual que a anterior, bótaselle por dentro da base e por fora.
A base vai quedar cá forma que teña o secar, así que pódese meter o cú do vaso de plástico para reforzalo.
Como sempre, as dúbidas encantada volas respondo.

10/12/10

Sicodelias arredor dun donut

 Fun unha cousiña que donei o Mercadillo Solidario Lazo Rosa.
E adoptouno Elena de Al pot petit... hi ha la bona confitura! Moitas gracias!!!


É como no enlace que vos deixei xa sabedes como é o amigurumi, tirarei pola verquinte sicodélica

E para que non sentise soidade para alá viaxou na compaña dunha galleta.

E ata aquí o que me toca contar hoxe, espero que vos gustase.
Vémonos!!!

2/12/10

Felices festas!!!

 Non son moito de andar as voltas cas cousas do Nadal, pero vexo nevar dende a miña ventá, nos blogues que sigo andan decorando todo con motivos nadaleiros, xa ando pensando nos agasallos, nos reis, nas reunións, a volta polo Nadal... e xa me chegou un encargo de alén dos mares.
 Non está toda a que é porque unha parte quedou no aeroporto de Santiago, virá en breve.
 E cóntovos a historia: a miña amiga foi coma enviada especial para un importante proxecto: traerme lás que non houbera polos redores. Agora tedes que imaxinarvos unha peli de acción na que acontecen moitas cousas: primeiro non aparecen as lás, logo uns encarapuchados as secuestran e así todas cousas dignas de contar ata este luns, que decidimos quedar nun bar en horario futbolístico, claro, falando a berros.
Como vedes son preciosas, e teñen un tacto moi moi suave, gústanme moitísimo. A gris será un Owls e a morada inda non ten proxecto asignado, así que acéptanse suxestións.

Blogging tips