6/6/11
Corre Carmela que Chove
E rematei o meu xersei fóra do tempo para poñelo, porque deume moito que facer.
O patrón é de Katie Davies, que como vedes deseña cousas moi orixinales, eu non podía pasar sen un xersei cunha nube na barriga.
Merece a pena, o patrón esta moi ben explicado, que é o que unha novatiña coma eu precisa.
A lá é a Rowan 4ply Soft, 100% lá merina, gustoume moito traballala e gústame o acabado.
Era o proxecto máis grande que tivera dende a Babette Blanket, pero inda non me aburrín da calceta, así que xa teño outro deseñado por ela "entre agullas" o Paperdolls.
Gracias por lerme queridiñ@s.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Quedou preciosísimo, xa cho verei posto para o outono, non si?
Por certo, feliz cumpreanos! Parabénssss!
:*
Pero qué chulada, eu quero un!!!. Algún día iremos de xemelgas pola rúa abaixo. Xa me contou Ali que o remataras e que che quedaba xenial. Imaxinábao tal cual, quédache estupendo, tiveches bo ollo o elexilo.
Un bico grandíííísimo.
Publicar un comentario