26/1/11

Cousas para customizar a Meiga

Hay ojos que miran, 
 -hay ojos que sueñan, 
hay ojos que llaman, 
 -hay ojos que esperan, 

hay ojos que ríen 
 -risa placentera, 

hay ojos que lloran 
 -con llanto de pena, 
unos hacia adentro
-otros hacia fuera... 
(Unamuno)

24/1/11

Mouchos

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras.
Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas.
Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.



Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada.
Baseado neste patrón.


21/1/11

The Little Red Plane


Queridiñ@s, heivos contar!!!!
Mañá temos a terceira quedada galega do noso foro do Ravelry, por eso ando media agochada.
Xa tomo conta de todo o que alí aconteza e vos amoso cousiñas que fixen e serán secretas atá mañá.
E póñovos un vídeo que tiña gardado para un caso de emergencia bloguera como este. Non me digades que nin é riquiño!!
Excusas.

8/1/11

Cable Yoke Sweater: involución

 
Ata aquí chegou para min o Cable Yoke Sweater do Tejijuntas de Lanezilandia, (Blog e Facebook).
Lanezi montou un grupiño onde pacientemente nos ilustraba  sobre cómo facer o Cable Yoke Sweater (déixovos o enlace a Ravelry, pero hai que estar subscrito).
Fixo unha traducción o castelán, marcou tódo-los pasos detalladamente en entradas do seu blog e abriu un fío en Facebook onde falabamos entre nós.
Moitísimas gracias polo teu traballo!!!
E deixei o Tejijuntas cando me convencín de que a lá non daba, e era unha tolería seguir facendo para ter que desfacer.
O primeiro dábame xenreira non ter calculado ben a lá, pero agora case me fai gracia, e cando, besbellando pola rede atopo algún patrón o primeiro que fago é mirar canta lá precisa e cantos novelos lle corresponden.
 INVOLUCIÓN
Optei por poñer o proceso o revés, que parece que non me da tanta mágoa.
 Sempre hai solucións: facelo mais corto, meterlle outra lá, cambiar o punto de arroz por outro que non consuma tanta lá...
Pero entón xa non sería o Cable Yoke Sweater.
E sei que non poría unha chaqueta a varias cores ou demasiado corta.
A lá ten seda, eso fai que brille un pouquiño e se vexa claramente o debuxo do oito.
 
 Non teño posibilidade de conseguir mais lá por unha larga historia a camiño entre Montevideo e Santiago de Compostela.
 
E vou vendo no Tejijuntas os avances das miñas compañeiras.
Xa haberá outro momento para facelo.
Xa haberá outro proxecto agardando por esta lá.

5/1/11

Thermis

 Fixen e desfixen.

 Ata quitei do sono para rematalo en datas.

Quedei entre lusco e fusco.
¿Outro? Pode ser, dentro dunha tempada.

E agora cousas Nadaleiras, fixen o de todo-los anos:
- Regalar e recibir cousas.
- Saber de xente que está lonxe e que saiban de min.
- Tentei facer a miña primeira chaqueta e xa vos contarei como foi a cousa, merece unha entrada completa.
- Comer a fartar.
- Unha ampla lista de bós propósitos QUE NON PENSO CUMPRIR!!!! :)
O que sí espero é seguir escribindo neste meu blog e ir a cotío a ler as cousas que poñedes nos vosos blogues.
Vémonos!!
Blogging tips