Fisgando pola blogosfera atopei esto:
-
Sionaland
-
Lanática
-
Anisor
-
Desayuno con hilos
E outra vaca no millo: ocurríuseme facer una foto do meu alixo laneiro e ir tachando cun xis as lás que gastaba, intentar agotar o que teño antes de mercar cousas novas, facer mellor os cálculos do que preciso para non acumular moitos restos, mirar únicamente patrones que se axusten o que teño...
Peeeeero... entereime que na tenda de lás que máis preto queda da miña casa hai liquidación, todo a metade de prezo. Cousa do demo, é unha oportunidade ou unha tentación?
No meu favor direi que teño moitos restos dunha colcha que xa terminei e novelos soltos de cores que precisaba para amigurumis. As lás azuis son para o
Corre Carmela que Chove (coñecido coma
Get off my Cloud de Kate Davies) que o teño "entre agullas".
Hai moita lá regalada e outra pouca sacada dunha mercería con moitas gangas de Navalmoral de la Mata, como novelos soltos a 0,60€
Pepito Grillo suxeriume pór a venta Cousiñas polo Ravelry, teño que pensalo.
Anímovos a que amosedes o voso alixo, así facemos terapia laneira todas xuntiñas.
E polo de agora nada máis.
Bicoooooosss