



O patrón é de Katie Davies, que como vedes deseña cousas moi orixinales, eu non podía pasar sen un xersei cunha nube na barriga.
Merece a pena, o patrón esta moi ben explicado, que é o que unha novatiña coma eu precisa.
A lá é a Rowan 4ply Soft, 100% lá merina, gustoume moito traballala e gústame o acabado.
Era o proxecto máis grande que tivera dende a Babette Blanket, pero inda non me aburrín da calceta, así que xa teño outro deseñado por ela "entre agullas" o Paperdolls.
Gracias por lerme queridiñ@s.