29/10/11

Moitas cousas

Hola fermosas:
Veño con moitas ganas de escribir porque por fin arranxei parcialmente o do formato, e foi maís sixelo do que aparentaba, así que todas aquelas que non estedes agusto có formato do blog... A fuchicar nel!!!!
Necesito un cabeceiro bonito, pero entrementres deixo só as letras.
Vos conto como ando cas labores:
Estou cunhas amigas do foro galego facendo un KAL de raias.
Un KAL é un Knit Along, é dicir, varias personas empezamos unha mesma labor ou parecida e dámonos folgos, falamos de cómo vamos, nos axudamos... motiva moito para rematala e pásase moi bien.
Escollín o chal Chadwick de Stephen West.
 A lá gústame moito, é SMC Alpaca Fino, inda que na etiqueta di que é DK estouna traballando con agullas de 3mm, merqueina en Mundolana.


Fixemos outro KAL do Paperdolls de Kate Davies, e aquí nos tedes as dúas co noso xersei


Que ben que podo poñer fotos ben grandes no blog!!!

26/10/11

Linda Koopersmith

Por si non a coñecedes ten un programa que se chama The Beverly Hills Organize, vos deixo un video dela onde nos amosa cómo dobrar a roupa e outro para deixar xeitoso o armario:


Gústame a orde, pero tamén me gusta acumular cousas.
Neste blog hai tamén moita información:
http://mividaorganizada.blogspot.com/
Ogallá a vida se organizase como un armario: primeiro unhas baldas e logo outras, por tempadas, por cores ou por utilidade.
Moitos bicos a tod@s 
Ƹ̵̡Ӝ̵̨̄Ʒ
☾˙❀‿❀˙☽


 
Blogging tips