19/11/11

Mochimochi

Por se non coñecedes a Mochimochi (fotos tomadas dos seus patrones de Ravelry)
Gústame todo o que fai, e a sigo por terra, mar e aire:
Seu grupo en Facebook
Seu perfil en Flickr
Seu grupo en Flickr
Seu blog
Súa tenda
Seu perfil en Ravelry
Seu grupo en Ravelry
Os seus libros:

Encarguei Knitting Mochimochi aproveitando que The Book Depository está de rebaixas, e xa me tarda en chegar!!!

Vos animades a tecer algún boneco comigo??
Pasade boa noite :)

12/11/11

Outras cousas

Para un neno que está de camiño
Bitty Booties
Sheep Yoke Baby Cardigan
E este chal, que non o apeo
Chadwick
Boa noite!!

1/11/11

Trilleeeer!!!

Eu nunca celebrei estas ¿festas? Para mín hoxe é Santos e mañá é Fieis Defuntos. Vou o cemiterio con frores e me lembro especialmente dos que non están. Non me disfrazo, non decoro cabazas e non vexo pelis de medo.
Hai persoas que din que a tradicíón é nosa, dos celtas, pero eu non a lembro, e ata onde puiden pesquisar polo meu entorno, ninguén dos maiores a lembra como propia nin como dos seus devanceiros. Chamádeme rara.
E sobre as labores, decateime que teño pocos Wips, así que vos conto as cousas que teño en mente.
Esta chaqueta gústame moito, o patrón aquí
Estaoutra encántame, ten 1026 proxectos no Ravelry, o patrón aquí
Este vestidiño, teño a lá, pero dame a sensación que se me fará moi moi longo, o patrón aquí
Teñó dúbidas entre dous gorros, o Urchin de Ysolda (patrón aquí) e o Selbu Modern (aquí)
Por último (chega ben) tamén me tenta este elefante, de Ysolda tamén.
Pasade bó día :)
Blogging tips