É o primeiro regaliño que recibo, de mans de http://rinconamigurumi.blogspot.com/, así que publicoo con moita ilusión e teño que dicir 10 cousas que me fan feliz e logo pasarllo a 10 blogs.
Vouvos contar cousas de Mi rincón amigurumi: firma as entradas Shea, gústame moitisimo a imaxe xeral do blog porque é moi transparente. As cousas que fai son Amigurumis principalmente, pero tamén por recetas de cociña. Non deixen de visitalo.
Dez cosas que me fan feliz:
1. Saber que todas as persoas que quero están ben.
2. As manualidades, facer amigurumis e ganchillo en xeral.
3. Os nenos, parecenme moi interesantes e que teñen cousas que son moi divertidas.
4. Os xoguetes, ven en camiño unha Blythe e penso tuneala.
5. Sair a rúa e airearme. Teño a praia cerca e teño como bó propósito estival visitala mais.
6. Ver cousas creativas que fai outra xente.
7. Leer, sobre todo cousas de pedagoxía.
8. Fedellar en aparellos electrónicos e en software libre. Tento entrar na era 2.1 e xa me considero unha blogger.
9. Fumar, sei que esto non se pode poñer, pero reláxame, socialízame, gústame.
10. Facer bromas, festas, saraos, e se hai que disfrazarse inda me gusta mais.
E agora tócame decidir a quén lle mando o regaliño. Despois de moito debatir decidín o seguinte:
- http://ronroneosyabalorios.blogspot.com/ unha mixtura de dúas cousas que me encantan: manualidades e gatos.
- http://ingara-ingara.blogspot.com/ un blog que está crecendo dunha tenda espectacular en Vigo- http://elrincondemisnenas.blogspot.com/ un lugar para soñar cheo de bonequiñas.
- http://sibiymay.blogspot.com/ sempre que entro a este sitio sonrio.
- http://retornoafontelacom.blogspot.com/ porque sempre está actualizadísima e fai cousas moi orixinais.
- http://vinosyvida.blogspot.com porque esta compañeira sabe moito de viños, e campeona de petanca e ten un blog estupendo
- http://takucienta.blogspot.com/ que está revivindo Cotton Dreams.
- http://amigurumisymas.blogspot.com/ pola sua xenerosidade, por os patróns completos de bonecos.
- http://tartarouchos.blogspot.com/ un blog para os que tecen e para os que gostan da vida en familia
- Por último, o que queira o agasallo non ten máis que pedirmo e encherei esta entrada final.
Bicos e apertas.
5 comentarios:
Muchiiisimas gracias por pensar en nosotras!!!un besote!
Muchas gracias guapa!!! Me hace mucha ilusión, además con la cantidad de blogs bonitos que hay para elegir!!
Bicos!!
¡Moitísimas gracias!. É o meu primeiro regalo no blog e síntome moi ilusionada e contenta.
Moitas grazas por pensar en nós!!
Gustaríame ter tempo para devolver todos estes mimiños, pero apenas dou escrito do que quero contar. Aínda así agradézocho moito, moito :)
Moitas gracias polo premio.
Alicia
Publicar un comentario