20/5/10

French knitter "made in feito na casa"


Querid@s tod@as, non sei se lembrades que tiña un proxecto para amosar, e que nunca podía ser, pois esta tarde foi!!!! levaba varios días moi crafty. Así que vai un french knitter totalmente artesanal, paso a paso e ilustrado con imaxes.

O primero que me pasou (coma sempre) foi que me antollei do aparelliño este e non o atopei por ningures (coma sempre tamén). Sei que en Internet se atopan, pero como os trámites son un pouco farragosos, os gastos de envío (para tan pouca cantidade) non me compensaban, e mercar algunha cousa mais só por amortizalos... ¡¡¡Iso non é nada DIY!!!, pois aquí me tendes.

De tódolos xeitos, se alguén ten a posobilidade de mercar un dos que están rematados con catro ganchillos ¡Que non o dubide! son mais cómodos para traballar, pero os que están rematados con paliños ou a xeito de horquilla son iguales a este caseiro, non paga a pena.

O primeiro é coller un bote que se poda aburacar polos dous lados, tesoiras, un rotulador, abalorios e paliños para facer pendentes, un chisqueiro, unha lima das unllas... e creo que con isto imos servidos!!!

Faise un buraco na boca do bote

E tamén se fai outro buraco no cú do bote
Para eliminar cantos picudos queimase con un chisqueiro
E tamén cunha lima das unllas se rebaixan os cantos, non vaia a ser que a lá quede prendida ahí e non podamos traballala

Márcase o sitio onde teñen que colocarse os paliños
E quentandoos co chisqueiro insertanse onde tiñamos marcado

Eu saquei os paliños dunha caixa de abalorios mercada nun bazar chino, creo que estos paliños se empregan para facer pendentes ou colgantes, non estou certa

Sácanse os paliños e énchense de abalorios ata a altura desexada, insértase no seu lugar, pónse de tope outro abalorio e dóbrase para que quede fixo
E xa está feito!!!

Se queredes saber cómo usalo, deixovos estos enlaces onde se explica paso a paso a técnica para facer cordones:

- Guía
- Vídeo

Deséxovos que vos fora de utilidade.
P.D.: andaaa, non sexades cutreeeees, deixádeme un comentario (e se é pelota mellor)

6 comentarios:

Merchy dijo...

Pois sen ánimo de ser pelota, está xenial! A min ocurríraseme facer algo así pero pensaba facelo con corcho e alfileres ou algo parecido... pero esta idea é moi boa! Igual che copio...
Hai pouco vin uns no carrefour, neses expositores tipo bazar chino "aquí temos de todo", pero custaban 5 euros cada un e decidín pensalo...
Suxerencia: poderías decoralo por exemplo, pintando o bote.
Merchy
http://alittlegreenvalley.blogspot.com

Fios e lás dijo...

Gracias Merchy, tómoche a suxerencia

jacobo dijo...

os enlaces non se me ven. Bótalle un ollo, o mellor só me pasa a min

Fios e lás dijo...

Misión cumprida: xa revisei os enlaces, a ver se agora rulan.

Bicos

Diana dijo...

¡Está xenial!. Eu fixera un destes no colexio, cando era nena, cun carrete de fío vello dos de antes (eran de madeira) e catro cravos, e encántabame andar fuchicando nel. ¡Felicidades, quedouche ben apañanado!

Shea dijo...

Hola, te felicito por tu blog y gracias por el tutorial, se ve muy útil, habrá que probarlo. Besos

Blogging tips