
Pois nada, eu agardando pola miña bonequiña e atopo isto, o xusto para min: centos de Blythes organizadas por data. E todas me gustan, e quero todas.
No Flickr, como non, a Blytheopedia, con centos de tolas coma min, de tódalas partes do mundo, ca sua Blythe engalanada.
Ata na Casa do libro está This is Blythe, Hello Blythe e Blythe Style, de Gina Garan, uffffff!!!! acumúlaseme o traballo.
Inda así estou ilusionada ca que ten que chegar, demasiado entusiasmada seica, porque é unha boneca, non o premio gordo da lotería.
Mercouma unha amiga a través do Ebay, porque eu estou pez nesas cousas. O que mais dúbidas me xenera é que ven de Tailandia, non sei, tan lonxe, parece que ten todas para perderse. Cando chegue, atoparame dentro de tres semanas (o mínimo) cas unllas todas comidas dos nervios.
3 comentarios:
Hola!!! Gracias por apuntarte a mi sorteo y hacerte seguidora :-) También te sigo!
Biquiños desde Gijón!
Estate tranquila. Teño comprado bastantes cousas a Tailandia e teñenme chegado sem problemas. Morro coas ganas de vela túa Blythe.
Gracias amiga!!! quédome mais tranquila
Publicar un comentario