Queridiñ@s:
Estou moi emocionada porque comecei un CAL cas nenas do grupo "Liantas da ría". Comecei a ganchillar onte, pero xa levaba uns días falando do tema, buscando las, escollendo cores, en grupo todo faise mais divertido.
Un CAL, que tiveron que explicarme qué era é unha xuntanza de persoas que fan cadanseu proxecto o mesmo tempo, nes te caso é o Juliana Wrap, así se axudan nas dúbidas, danse folgos...
No Leiras e Enredos temos unha liña adicada o Juliana, que é esta, non sei se o poderedes ver se non tedes conta no Ravelry, xa me contades.
Así que ando metida nestas lerias e tiña o blog un pouco abandonado.
Además estou aprendendo a facer calceta, inda non domino os dereitos e reveses, perdo puntos... xa teño un anaco tecido, cheo de buracos, pontos apretados e frouxos.
Teño unha sospeita sobre por onde meto o fío, porque ensinoume Manoly, que é zurda, e os vídeos do Youtube. Creo que non meto ben a agulla nos dereitos e complico a cousa mais do que é.
Pois eso, que ando no choio, pero por outros lares, así que non escribo moito (agora toca o de facer os bós propósitos de que prometo escribir mais, poñer mais fotos...) e é verdade, quero escribir mais e visitar mais as vosas bitácoras e enchervos de comentarios.
Bicos e ata xa (por iso dos bós propósitos).
3 comentarios:
Es muy divertido hacer un CAL, y en Ravelry hay unos cuantos :)
Saludos
dálle a calceta e para a próxima vez que quedemos traes as agullas e perfeccionamos a técnica ;)
estou desexando ver como vai o teu Juliana
A min pasoume o mesmo, vaia dúas que estamos feitas. Deixei o blog soíño, por "culpa" das Liantas!
Temos que facer máis entradiñas máis a miúdo!
Por certo, es a miña heroína, atrevécheste coa calceta! Ben feito!
Bicos
Publicar un comentario