18/9/10

A historia do cactus que non pica

Quería facerlle un regalo a unha persona que para min é moi especial, porque pensou en min e creeu en min. Entón dinlle un pouco a cabeza, e non se me ocurría nada, sabía que lle gustaría algunha cousa que tivera que ver co benestar, a saúde, entón ocorreuseme que tiñan que ser vexetais ou animais que inspiraran paz.

Como sempre no Flickr, no Picassa e no Ravelry haiche de todo, así que comecei a fisgar e marcar como favoritas moreas de cousas das que vos deixo a continuación os enlaces:
Gústabame moito esta árbore, e inspiroume moito, pero de seguido me desviei a vertente Kawaii das cousas, como esta, esta, esta, esta, estoutra, estoutra mais ou aquela, por enlazar algunha.

 Eu xa vira por internet fotos de amigurumi pranta, hainas que semellas prantas tal cual polo logrado que está, pero eu quería algo que non parecese feito por Maricroqui (definición de Maricroqui para a autora: perteneciente o relativo al mundo choni-marujil con tendencias rancias, sin caer en el tapete de piñas), así que sabía que tiña que fuxir de cousas así, así ou así, que ata teñen pinta fúnebre, non vaia ser o demo.

 Despois de este momento  Maricroqui teño que compensarvos con algo, e é, como non, Crochettes, que creo que é da mesma  nena de Duduá, pero non estou segura. Gústabanme moito,e sácanse bastante ben a ollo, pero eu quería que tivesen maceta.
Diana Prince, que é a deusa das deusas e fixo este patrón de balde, case cae, pero mirando no "alijo de fios e lás" non tiña as cores axeitadas, e como un dos meus bós propósitos outonais é ir esgotando o alijo antes de mercar cousiñas novas (excepto a lá que precise para o Clapotis) xa non me despendolei na búsqueda do fío.
CrochetJardim ten moitos cactus como este, este ou este, e esta árbore que pareceume espectacular.
Esto houbérame facilitado moito as cousas, pagas e tes o patrón completo, pero xa sabedes que estou totalmente en contra, de feito penso facer unha entrada polemizando sobre este tema.
 


A maceta saqueina de este patrón, o Cactus family. Avísovos que ten algún erro, porque nos aumentos das filas do medio non coincide o número de aumentos co total de puntos da volta.
Escollín lá para traballar con agullas ou ganchillo de 4mm, pero traballeina cun ganchillo do 3,25 porque quería que quedase apretado. A cor é terracota.
Tamén vos aconsello que traballedes ata a volta 7 cerrando as voltas con punto raso e comenzando a volta cunha cadeneta (non en espiral) porque hai que traballar a volta de base do maceteiro (a 5) collendo pos puntos por fora, e ca espiral nótase o cambio de volta.
Na imaxe vése que estou cosendo o ala do maceteiro para que quede mais firme.

O cactus pequeno saqueino deste blog, é o patrón número dous, pero non me gustou a relación entre a maceta e o cactus, parecíame unha boliña demasiado pequena, así que baseado no mesmo patrón fixen una mais grande, aumentando a ollo as cousas.
A floreciña non sei de onde a saquei, pero é unha das cousas que mais levo explotado: que necesito un adorniño, pois lle poño a flor; que teño que probar unha lá ou un ganchillo, a flor é o que fago (será un atavismo?)

E o alongado peludo é o patrón número catro do blog de antes, pero sen os braciños. Non lle puxen adorno ningún porque a pelusa que ten é tan larga que tapaba todo o que lle poñía.
A lá verde con pelos saíu dun bazar chino. Nunca vos ten pasado que mercades unha cousa, e xa sabedes que non a ides a usar, pero hai un nonseiqué que fai que inda así a levedes, pois con esta lá de imitación de césped ocorreume así (e teño outro novelo en casa cor fresa que xa ten seu destino escrito, e é para converterse nun tomate sicótico coma este).

Vése nesta imaxe que tamén usei a lá peluda para facer os debuxiños da bola. Cosina cunha agulla sen punta.
Os abalorios que escollín foron cor verde botella, gustáronme especialmente porque o vidro lembroume os anaquiños de cristal que se atopan na praia, cosinos con sedal transparente.

Para a terra collín lá cor chocolate, xa a tiña da Babette e do meu patrón das tartaletas. Fixen oito puntos baixos en anel e fun aumentando de oito en oito en cada volta. Como a maceta ten 56 puntos na parte ancha fixen outros tantos e mais dúas volta sen aumentos para que quedara ovalado.

Primero enchín a maceta con guatamurano sintético e cosín a terra por riba, logo fun cosendo unha a unha as prantas.
O rematar decateime que o pratiño que ven co patrón da maceta era un incordio, así que cosino a base, para que non escape.

E creo que nada mais me queda por contar.
Deixovos unha morea de fotos porque estou bastante contenta co resultado final.

Coma sempre vos digo, quen queira algunha aclaración porque esté facendo algo semellante ou que escriba o patrón que mo poña nun comentario, que eu comparto todo.




5 comentarios:

Anónimo dijo...

Precioso, pero menudo trabajito te dió. Me gusta el peludooooooooooooooooo....

Ahora que no se olviden de regarlo...

elblogdemiso dijo...

Qué bonito!Ojalá yo supiese hacer cosas así ^^

Muchas gracias por participar en mi sorteo ¡Suerte!

whydelilah dijo...

que chulo q te quedó!! me gusta mucho! hacia tiempo que estaba pensando yo en hacerme unos cactus de ganchillo también; si lo logro, ya los veras XD

jacobo dijo...

ondiá, que chulo o cactus. ben seguro que non pica pero é ben chusquiño. Polo que vexo dáseche moi ben isto das lás. moi bo o blogue, segue así.bicos

Veo visiones dijo...

A min o que me encanta son os cactus! E a lá peluda quédalles bárbara! A ver se fago eu algún.

Para o gorro, se che digo a verdade, non seguín ningún patrón (así me foi, que tiven que desfacelo a primeira vez cando estaba a piques de empezar coa cor verde... grrr...) pero collino agora e ando a contarlle os puntos para tratar de explicarche máis ou menos, jajajaja.
Está todo feito a punto baixo e traballado en redondo, empecei con 4puntos e fun facendo 2x en cada volta (8, 16...) para ir facendo un círculo. Creo que na volta na que fixen 32 puntos deixei de aumentar (supoño que eso tamén dependerá da lá pero bueno, sabes cando tés que deixar de aumentar porque o círculo non che queda plano senón que empeza a facer "volantes"). Aí fixen outra volta máis de 32 puntos e na seguinte volta, 4 puntos baixos e no quinto aumentaba un (total da volta = 42 puntos). Despois, outra volta máis de 42 puntos. Na seguinte, outra vez aumentar un en cada 5 (52 en total na volta). Xa non aumentei máis, fixen 11 voltas máis de 52 puntos cada unha e despois metinlle 9 voltas de cor verde. 4 voltas máis en branco, e por último outras dúas nas que aumentei un punto cada... 4 ou 5? ...a verdade non estou segura.
En fin, creo que é así, non son nada boa poñendo esquemas coma os das revistas pero espero que che sirva de algo! E se non mándame un mail.
Saúdos!

Blogging tips