Sorpresa sorpresiva para Meiga.
Este venres chegou seu traxe de galega, feito por Yococo by Ronmiel.
Yococo by Ronmiel é unha artista que fai moitas roupa para Blythe. Eu seguía este seu blog, e via moreas de cousas que me gustaban. Entereime que tiña tenda en Artesanum. Tamén ten moitas cousiñas no seu Flickr.
Ahí se me acendeu a bombilla ¿Porqué non lle propoño que me faga un traxe para Meiga? E dito e feito.
Que si o refaixo que asome, que si o dengue nonseicomo, ufff!!! Eu recoñezo que son unha pesada.
É moi bonito, moito mais bonito do que eu imaxinara, tan ben rematadiño... quedei abraiada do ben que traballa esta rapaza.
Agora Meiga non o apea, é o único que quere.
Deixo probas dos feitos:
Meiga furgando no se paquetiño
Detalle da puntilla.
Mais imaxes no futuro en no Flickr.
Bicos a todos.
3 comentarios:
Meiga está preciosa co seu traxe novo. Yococo é unha artista de primeira!
preciosa!!
besos!
Encántame!! Quero facerlle un igual a miña Blythe!!
Publicar un comentario