19/10/10

Vigo-O Barco Rexional Express



Chámase así porque empeceino cando collín o tren en Vigo e case o remato no traxecto. Só me quedaron as últimas catro voltas que fixen na casa.

O patrón é moi sinxelo, se alguén sabe facer amigurumis é o mesmo, trabállase por voltas e os aumentos van de 6 en 6 pontos.
Recomendo facer proba de tensión porque lendo o patrón convenceráme de que precisaba un ganchillo de 6 mm e con un de 5 mm apañoume a cousa, e iso que eu traballo moi apretado.

O de afieltralo foi unha cousa rara, intenteino facer a man. pero non o recomendo, o auga quente non é suficiente, hai que frotalo enérxicamente, así que direitiño para a lavadora metendo no bombo algunha cousa mais para que teña algo para frotarse. Eu usei un albornoz.
Metino a 60º, co programa curto e non o deixei centrifugar, escurrín o auga, quiteille outra pouca cunha toalla seca e logo púxeno a secar un rato no pino que vedes na foto e outro rato envolto noutra toalla.

Eiquí o enlace do meu proxecto o Ravelry, para velo hai que estar subscrito, pero vaia, eiquí poño prácticamente o mesmo.
O patrón é Fine Feathered Cap by Linda Cyr da Revista Crochet Today.
A lá é Debbie Bliss Donegal Luxury Tweed Aran, en rosa e gris.
Inda me sobrou un bó anaco de lá, así que teño pensado facerlle un lazo para adornalo.
Bicos e deica.

5 comentarios:

Merchy dijo...

É precioso, agora a poñelo guapa!

Anisor dijo...

Como mola tecer no tren! :D

jacobo dijo...

Pois si que che cunde a viaxe no tren. Nun ano tes pra unha tenda. Quedouche moi ben o "afieltramiento", por certo. Non sabía que se facía esí

Aurora dijo...

gústame moito e vese moi quentiño!, a min tamén encántame facer ganchillo porque o podes facer en calquera sitio, esta semana tiven que viaxar a Valladolid e antes de chegar a A Gudiña xa tiña feito o gorro e a bufanda, os que ian comigo non o podían crer...
bicos

Pau Dkt dijo...

es muy bonito! y tiene una pinta de calentito estupenda!!

Blogging tips