4/11/10

Aparellos afíns

Hola queridiñ@s:

Nos vos conto a miña vida porque soaría a excusa, pero de feito andiven liada e coido que ata finais da semana que ven terei unha chea de cousas apuntadas na ringleira de pendentes.

Pero imos o choio, este bolso víno e quíxeno o instante. A que mais sabe de cousas de punto da contorna e Beatriz77, e tiña dous coma este, bueno, os dela son mais bonitiños porque están feitos con telas combinadas.
Pasoume o patrón pero non o atopo, a bolsa chámase Grab Bag, deixovos o enlace que atopei na web.
A gracia desta bolsa é que as asas son asimétricas en envólvese unha na outra, deste xeito queda a labor gardada.
Hai moitos exemplos pola rede, coma esta, esta, ou esta.
Como non teño idea de coser axudei  naquelas cousas para a que non fai falla ter maña, e o de cosela a máquina fixéronmo.


Eu doulle moitísimo uso, inda que a miña non ten petos dentro, porque é bolsa de seu, pódese meter pechada noutras bolsas e o tamaño é axeitado para as miñas labores: dous novelos, agullas circulares e patrón de media carilla.
Ca experiencia desta teño pensado facer outra intentado pulir pequenas cousas que non me convenceron de todo.
O que queira o patrón que mo poña e o busco maís polo miúdo.
Bicos e deica.

2 comentarios:

Romi-damelalata- dijo...

¡preciosa!
y qué envidia tus agujas!!!!...a ver si los reyes se portan bien conmigo...^.^
un besote!

Unknown dijo...

Te invito a participar en el sorteo de dos de mis diseños que tenemos en el blog ;) SUERTEE

www.jopapi.com

Blogging tips