15/11/10

Fair isle

Lémbrame os invernos de fai moitos anos.
Explica a sua orixen Rosalía no seu blog El mon de Rosalía, adicalle esta entrada onde queda a cousa ben clariña.
Se facedes unha búsqueda no Ravelry en regional/ethnic styles aparecerán 1.273 patróns adicados o Fair isle, creo que non me gusta a min sóa.


O certo é que estoume documentando de cómo se fai, e tampouco teño moito tempo para pesquisas porque estou facendo cousas para antes do Nadal.
Inda que sexa unha mostriña pequena a dúas cores cun deseño básico algo terei que facer: un cubretaza, unha carteriña... acéptanse suxerencias.
O xersei que vedes nas imaxes merqueino en Knit Box.
Gústame moito, converteuse de golpe no meu xersey favorito.

1 comentario:

Merchy dijo...

Encántame o Fair Isle.
Moi boa compra, ademáis parece feito a medida.
Chulo, chulo!!

Blogging tips