18/11/10

Tecendo o Futuro

Mediante unha compañeira do traballo entereime desta iniciativa.
A ONG Implicadas no Desenvolvemento quere facer una colcha con 200 cadradiños de 14 X 24cm, o obxectivo é recaudar fondos para un proxecto que teñen na India, deixovos o enlace o seu blogue onde o explican todo detalladiño.
No blogue Espacio Crochet tendes imaxes da colcha que fixeron o ano pasado, xa veredes que bonita.
Hai dous xeitos de colaborar: donando cadradiños ou comprando unha rifa para que che toque.
Merchy e mais eu imos ganchillar/calcetar algo, ademáis somos fanáticas dos Grannys, e eu ando as voltas co Fair isle.
Seguro que non vos costa nada botar una man, poñendo no Google "granny square" aparecen moreas de deseños e seguro que algún vos gusta. Hai este grupo adicado os cadradiños en Flickr e o blog Grannymanía que é adicado solo a eso.
Se queredes patróns ou gráficos xa sabedes que vos podo axudar a atopalos na medida das miñas posibilidades.
Saúdiños!!!

1 comentario:

Merchy dijo...

Eu creo que vou facer varios cadradiños, como son rectangulares é unha boa oportunidade para practicar texturas en crochet.
Ademáis, igual me animo e fago un en calceta, intentareino, porque non teño nin idea!

Blogging tips