Pois que vai ser, que non cumprín o de liberarme de lás, e a cousa medra. Teño Katia Austral para facer proxectos durante esta vida e varias vidas futuras. Unha tenda de lás do meu barrio liquidou e alá fun, a coller reforzos laneiros. Tiña pensado facer mil cousas, pero por outros temas véxome que pasa o tempo e non avanzo coma quixera.
A cor zanoria é para o Lady Kina que teño que desfacer un bó anaco porque me queda moi grande. O raro é que fixen a proba de tensión, pode ser que me confundira nos cálculos.
A branca e as azuis clariñas van para o Paperdolls de Kate Davies, que xa levo bastante avanzado.
A azul marino é para o Paulie
Esta vermella, menos un novelo que estou usando para esta chaqueta de bebé está pensada para o Still Light Tunic de Veera Valimaki.
E agora as cousas que levo avanzadas, que non todo van ser novelos sen estrear:
O Paperdolls cas bonecas decapitadas, fai tanto que non actualizo que o comecei en maio pero non hai maneira de rematalo.
Un bó anaco do Clapotis, comeceino hai case un ano e está calcetado nos traxectos do tren e nalgunha quedada.
A chaquetiña de bebé, pendente de bordar algunhas ovelliñas e coser os remates. Faise moi rápido e leva moi pouca lá, non chegou a novelo e medio.
A cousa é que estou bastante liada porque estou facendo dúas cousas o mesmo tempo e non podo compaxinalo ca calceta, así que a teño bastante deixada.
Non sei que pasa con esta plataforma, pero gustaríame ampliar o espazo para imaxes, expandir o texto e quitar os bordes valeiros dos lados, pero non me deixa. Ou renuncio a tódalas entradas escritas anteriormente ou deixo a cousa estar, e tal como está non me inspira moito.
As veces me da cousa vir o blog e ver que non está actualizado, que apenas visito os blogs amigos e non deixo comentarios.
Así que é unha suma de cousas que condicionan que as cousas non estén como deberan.
Mentres, escribo entradas coma esta, que son un totum revolutum das cousas que vou facendo.
Espero me saibades entender :)
Bicos e deica!!!
5 comentarios:
ese paper qu está quedando de medo, e a chaqueta da ovellas pénsoa tecer para Noriña si ou si...
Unha pasada Nani, gústam etodo moitísimo, sí que estás a traballar. A ver se nos vemos. BICOS.
Unha pasada Nani, gústame todo moitísimo, sí que estás a traballar. A ver se nos vemos finalmente, eu agora ando bastante líada....BICOS
O teu blogue mete medo, no bo sentido XD. Ánimo con él que tes boa man cás las. Esas ovelliñas son brutais. Bicos
Hola! Pues la verdad es que estoy contentísima con la máquina. También es verdad que la que tenía era viejísima, pesaba muchísimo, hacía muchísimo ruido y se enganchaba cada dos por tres...así que imagínate qué cambio... Te la recomiendo 100%!
besillos
Publicar un comentario