3/12/11

Home Made Talleres

Se andades por Vigo e inda non tedes o vicio lanero no corpo, non deixedes de apuntarvos.
Vou estar con vos nun cursiño de iniciación á calceta, todos os detalliños na páxina de Home Made
E roubeilles o cartel, porque non me digades que non é unha chulada:
O que faremos será pasalo moooi ben, e ademáis, comezaremos montando os puntos, facendo dereitos e reveses, aumentos e disminucións, pechar a labor e algunha técnica avanzada. Tamén levaremos diferentes tipos de lás/agullas/proxectos para ver varias técnicas. Ademáis poderedes ler patróns en inglés e español.
É o momento perfecto para facer unha bufanda ben abrigadiña para o Nadal o tempo que nos divertimos.

Estou moi ilusionada con este proxecto, sabendo que Tia Nuna e Bebuki están no allo ten que saír moi ben a cousa. É un orgullo para min que estas dúas pedazo de artistas conten comigo para os seus talleres.

Así que, se vos animades, pasaremos dúas tardes de venres entre fios e lás :)
Vémonos

3 comentarios:

Merchy dijo...

Seguro que é divertidísimo!
Eu en ese horario non podo, que se non...
;)

Anita dijo...

¡Mucha suerte! es la que van a tener tus alumn@s al tenerte como profe.
¡Qué pena! no estar más cerca y poder ir, da igual repetir curso jajaaja.
Bss.

Romi-damelalata- dijo...

qué lindoo!
qué chulada de cartel!! me encantó!
vengo a desearte felices fiestas guapa! un beso!

Blogging tips