Mostrando entradas con la etiqueta inacabado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta inacabado. Mostrar todas las entradas

24/6/10

Galería dos Horrores II

Érase unha vez a triste historia dun anaco de chaqueta que vivía olvidada nunha bolsa enriba dun armario. Nacera duns ovillos de algodón e mais un ganchillo do 3.25.
Parecía que medraba, pero a sua creadora tiña outras cousas que facer e iba demorando o seu remate.
Entón chegou o verán, e unha chaqueta de algodón ten que sair en verán, pero ela estaba manca, así que saiu a estirar as pernas para estas fotos e volveu para a bolsa, a espera de tempos mellores.

Para o San Xoán non pudo sair a fachendear, a ver se sae para o San Roque.

20/4/10

A galería dos horrores





Aproveitando que a primavera quere chegar estiven facendo limpeza. Como sempre ando en andrómenas empezo as cousas con moito interese pero deseguido me canso. Hoxe vou mostrar a miña galería dos horrores, aqueles meus enxendros ós que lle falta algunha cousa para acadar seu ser. Son abruptos inacabados dinos da galería do doutor Frankenstein.
Como bó propósito primaveral (que raro eu facendo bós propósitos, será polo pracer de non cumprilos) vou tentar acabar estas cousiñas, ademais de un amigurumi de Trancas e Barrancas que non atopo, antes de poñerme con proxectos novos.
Blogging tips