Pois nada, que me metín no reto do mes de xuño do foro de amigurumis, era unha boneca preciosa así que collín o patrón con moitas ganas, escollín as lás con moito mimo e púxenme a elo.
As orellas non me gustaban moito, así que quiteillas, o patrón interpreteino libremente, non sei moi ben porque, pero esto é o que saiu, presentovos a PIRUJEITOR, nada que ver cá realidade:
Os pelos quedaronme como as da bruxa avería, o da falda e outro tema:ocorreuseme poñerlle un volantiño e parece a Pantoja de Puerto Rico. E o da cara... bueno, mellor mirar para a cesta.
