Mostrando entradas con la etiqueta stephen west. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta stephen west. Mostrar todas las entradas

29/10/11

Moitas cousas

Hola fermosas:
Veño con moitas ganas de escribir porque por fin arranxei parcialmente o do formato, e foi maís sixelo do que aparentaba, así que todas aquelas que non estedes agusto có formato do blog... A fuchicar nel!!!!
Necesito un cabeceiro bonito, pero entrementres deixo só as letras.
Vos conto como ando cas labores:
Estou cunhas amigas do foro galego facendo un KAL de raias.
Un KAL é un Knit Along, é dicir, varias personas empezamos unha mesma labor ou parecida e dámonos folgos, falamos de cómo vamos, nos axudamos... motiva moito para rematala e pásase moi bien.
Escollín o chal Chadwick de Stephen West.
 A lá gústame moito, é SMC Alpaca Fino, inda que na etiqueta di que é DK estouna traballando con agullas de 3mm, merqueina en Mundolana.


Fixemos outro KAL do Paperdolls de Kate Davies, e aquí nos tedes as dúas co noso xersei


Que ben que podo poñer fotos ben grandes no blog!!!
Blogging tips