Hola queridiñ@s:
Onte reuniuse o grupo "Lerias e Enredos" sección Vigo, con baixas importantes como Merchy de A Little Green Valley.
Quedamos na cafetería Rocha, que nos mimou e estivemos moi a gusto, poderíamola nomear sede do grupo, qué vos parece?
Pásamolo moi bien, reimonos un montón e tamén corrimos riscos, como un home con unha escopeta que se sentou preto de nos.
Estiven en minoría porque eran dúas tecedoras e eu ganchilleira, así que xa me picou a cousa e teño pensado tentar outra vez a calceta, pero desta con agullas circulares, que son as que usan Suntropia e Beatriz77, ademais Beatriz traballa cás KnitPro, que son preciosas e din que son moi cómodas e Sun con agullas de bambú.
Aprendín moitas cousas sobre lás, Beatriz trouxo lá para fiar e un huso de fiar e lá sen fiar (se me equivoco corríxeme).
Para ver a "reportaxe gráfica" e a crónica déixovos o enlace o blog de Beatriz, que o conta e o ilustra mellor. Eu non amoso a miña cara para que non descubrades que en realidade son unha famosa actriz que fai pelis en Hollywood.
O grupo inda non ten nome e queda inaugurado con tres, pero admítense mais.
4 comentarios:
Hola nena, graciñas por lembrarte de min.
Qué envidia! Seguro que o pasastes fenomenal.
Na próxima, equilibramos o grupo ganchilleiras/calceteiras!
Bicos
Jajaja... ¡que gracia! Aledome moito que o pasárades tan ben... a ver se nos coñecemos na quedada galega de setembro pero se non, a ver se outro día que quededes vou a Vigo e quedo tamén, que eu teño o meu corazonciño dividido, xa que nacin e vivin en Vigo ata os 18 anos que marchei para Santiago, e os meus pais aínda viven alí.
E en canto ao crochet... se vos animades con un CAL, ahí vou eu tamén que retomei o ganchillo o outro día como podes ver no meu blog (http://martameiga.blogspot.com). Pero ti animate co punto cas knitpro, xa veras que son unha maravilla, sobre todo se estas afeita a facer ganchillo daraste ben con elas. (Eu teño tamen os ganchillos de madeira de knitpro...shhhhh, non llo digas a nadie) jajajaja
se tivemos ata animadoras, jeje!! unha señoriña estaba encantada de que estivesemos alí a darlle a agulla, ela tamén lle daba ó tema sobre todo tecendo para bebés...
bueno, martameiga, merchy esperamosvos para a seguinte ;**
aiii, aiii, aiii, e eu sin enterarme. Cando fagades a seguinte espero poder ir.
Publicar un comentario