16/8/10

Rumore rumore

Fedellando polas web adiante vin que está aberto o plazo para un concurso de blogs de moda galega en www.galiciademoda.com
Que a ninguén se lle pase o arroz, coma a min con este, que un día por outro... 

En resumen:
- Hai que ter un blog que teña mais de 3 meses
- Actualizar dúas veces á semana (se tedes tanta leria coma min, eso está chupado)
- Antes do 1 de setembro, corredeeeee!!

Ademáis eu non me voy a presentar (eu non son profesional de isto, é só un hobby), así que te voto, quedas entre os 10 primeiros e te publican na revista Galiciademoda e faste famosa polo mundo enteiro.
De pasta non se fala, así que póñente un stand (en galego galpón) no Daisy Market e podes vender e anunciar as tuas creacións, que ten que ser unha plataforma moi boa para darse a coñecer e facerse rica enseguida.

Xa sendo rica e famosa lémbrate de quen te deu a idea e me invitas a unhas cañas e todos felices.
E todos os demais a votar que nos vai tocar unha fin de semana no hotel Vía Augusta, podemos ir todos xuntos e facemos festa.

Non levo comisión anunciando isto, poidera parecelo polo ímpetu que lle poño, pero o que quero é que non quede por aquí ninguén fustrado por non ter onde dar a coñecer seu talento.

E poño unha foto das All Stars para que quede claro que este blog é de ganchillo.

Corto e cambio.

1 comentario:

martameiga dijo...

Meu deus, que botiñas tan feitas!!! encantanmeeeee!

Blogging tips