Mostrando entradas con la etiqueta blog. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta blog. Mostrar todas las entradas

2/9/10

Día do blog

Entereime por este blog que onte foi o día do blog, un pouco tarde, pero felicidades a tódolos blogueiros, a blogosfera en xeral, os comentaristas, os que crean os gadgets... ata se me descuido os creadores do Google Analytics.
Para o ano que ven espero lembrarme a tempo e facer un amigurumi conmemorativo.

16/8/10

Rumore rumore

Fedellando polas web adiante vin que está aberto o plazo para un concurso de blogs de moda galega en www.galiciademoda.com
Que a ninguén se lle pase o arroz, coma a min con este, que un día por outro... 

En resumen:
- Hai que ter un blog que teña mais de 3 meses
- Actualizar dúas veces á semana (se tedes tanta leria coma min, eso está chupado)
- Antes do 1 de setembro, corredeeeee!!

Ademáis eu non me voy a presentar (eu non son profesional de isto, é só un hobby), así que te voto, quedas entre os 10 primeiros e te publican na revista Galiciademoda e faste famosa polo mundo enteiro.
De pasta non se fala, así que póñente un stand (en galego galpón) no Daisy Market e podes vender e anunciar as tuas creacións, que ten que ser unha plataforma moi boa para darse a coñecer e facerse rica enseguida.

Xa sendo rica e famosa lémbrate de quen te deu a idea e me invitas a unhas cañas e todos felices.
E todos os demais a votar que nos vai tocar unha fin de semana no hotel Vía Augusta, podemos ir todos xuntos e facemos festa.

Non levo comisión anunciando isto, poidera parecelo polo ímpetu que lle poño, pero o que quero é que non quede por aquí ninguén fustrado por non ter onde dar a coñecer seu talento.

E poño unha foto das All Stars para que quede claro que este blog é de ganchillo.

Corto e cambio.

14/8/10

Tuneando o blog

Queridiñ@s, botade un ollo a nova plantilla do meu blog.
Inda estou fuchicando nela porque cambiei o ancho de columna, e hai cousas que quedaron fora do sitio.
Pouco a pouco isto vai medando.
Saquei o "Template" de este enlace, onde hai moreas deles, e todos son gratuitos e moi doados de poner.
Estou bastante contenta co resultado acadado, pero os "Gadgets" tiven que comprobalos un por un.
Algunas fotos están fora do cacho, pero pouco a pouco.

Nada mais nen@s, hoxe a entrada non é moi crafter, pero queria darlle algo de bombo a cousa.
Vémonos.

21/4/10

Crochet soñado, by Claudia Daneu


CROCHET SOÑADO, by Claudia Daneu
http://soldebuenosaires.wordpress.com/
Navegando pola blogosfera atopei este blog, é dos mellores que teño visitado. Non me poiden facer fan pero subscribinme as actualizacións por correo electrónico e deixeille un cometario.
Ten cantidade de puntos para facer a ganchillo que eu nin me podía imaxinar: oitos, ondas, cadros, trenzas... ábreme un mundo para sair do punto baixo e o punto alto.
Quedei pampa co xeito en que ensambla os hexágonos, abraiante. Onte fixen unha entrada porque non sabía o xeito de unir os grannys do meu bolso de frores de África, pois xa non teño excusa porque puxo un gráfico de cómo facer medios hexágonos.
Nas imaxes que ten subidas amosa uns puntos feitos con un mimo e unha perfección inusitado, tomei como mostra a imaxe que preside seu blog, que inda non puiden adiviñar con qué pontos esá feita.
As entradas son moi ilustrativas, non deixedes de ver cómo facer ojales a ganchillo, uniones... o ponto elástico, que eu non sabía que existía a crochet.
Gracias dona Claudia Daneu.
Blogging tips