12/10/10

Facer ou non facer... esa é a cuestión

Teño un bautizo o 6 de novembre e unha voda o día 4 de decembre.
Teño este patrón na cachola.
Píntano moi sinxelo, punto xersei e tirar metros.
Técese con agullas de 5mm inda que a lá ten que ser moi finiña.
Recomendan unha lá con 70% de mohair, dous ovillos.
No Ravelry hay moreas de exemplos en moitas cores (para ve-lo enlace hai que estar suscrito).
Fai pouco que calceto, estaría ben facer un proxecto longo para coller soltura, ademais sabendo que non ten moito aquel.
A lá, se collo a que pide o patrón é Rowan Kidsilk Haze, preciosa, maravillosa... e a 10€ aproximadamente o ovillo. E teño que pedilo polo mundo andiante, co que a cousa pode tardar un pouco, dende que me decida uns 4 días.

Está é a parte obxetiva do asunto.


Agora ven o dilema:
¿ Serei quen de facelo? Sabendo meus antecedentes co Clapotis.
¿ Darame tempo a rematalo en datas? Entre unha cousa e a outra (con festivo polo medio) a lá non a terei, como moi pronto, ata o día 17 deste mes. Para o bautizo do 6 de novembro non vou contar co chal (ata ahí chega meu sentido común), pero queríao especialmente para a voda.
¿Traballarei ben con lá tam finiña? Nunca calcetei mohair, igual o estrago todo. Ademais contando que a cousa non baixará de 20€ poñéndonos estupendos co envío.

Se alguén que me lea ten coñecementos sobre a cousa, fixo algunha cousa semellante ou traballou con mohair e parécelle igual ca lá de toda a vida, que mo conte, agradecereillo infinito.
Saudiños.

1 comentario:

Alicia dijo...

hola guapa, mira que cosa más chula:

http://elblogdedmc.blogspot.com/2010/08/como-hacer-una-lampara-de-ganchillo.html

Blogging tips