8/10/10

Mi carroooo!!!

Hai xente que se desfai de cousas que outra pode precisar, pois este é o caso.
Non sabía onde meter as las que levo acumuladas, porque as tiña en varias bolsas agochadas no armario.
A veces sucedíame que non sabía onde as gardara, qué tiña exactamente, porque para os amigurumis precísase moi pouca la, pero de cores moi concretos. Pensara en metelas no stash de Ravelry, pero non son las especiais. Tamén leva seu traballiño clasificalas: e hai que sacarlle foto, tamaño de agulla e ganchillo... e logo outra vez a misma, porque para atopalas hai que buscalas.
A opción mais sinxela e a vez mais efectiva parecíame mercar un moble para gardalas todas xuntas e ordenadiñas.
Entón atopei esto:
Estaba tirado na rúa, é un moble botelleiro, que con pouco de limpeza e Loctite transformouse no carro das las:

Ademais de ter capacidade para moitas las e sairme gratis, tamén ten propiedades psicolóxicas:

- Ver tanta la xunta impídeme mercar mais.
- Sinto que teño "un carro de las", o que me xenera felicidade.
- Teño todo a vista, acabouse o de ordenar, fuchicar e desordenar, e logo ter que volver a ordenar.
- Vexo os proxectos que teño a medio facer, o que me impide aventurarme a outros.
- Busquei refráns de carros e atopei este: "con un carro y un borrico se hace un hombre rico" (preciso un borrico, jeje).

Pois nada mais queridiñ@s.
Ata a próxima





5 comentarios:

Merchy dijo...

Halaaa qué chulo!
Pensaches en pintalo de outra cor? Quedaría moi bonito seguro.

Por certo, agora que tes un carro de lás, a ver que excusa vas poñer no momento en que queiras mercar algunha desas que che enchen o ollo... jejeje
:-)
Muaksss!

TIA NUNA dijo...

Está xenial, aún debe ocupar un ratiño, pero se tes o espazo...

A min tamén me deu estos días por atopar un sitio grande onde meter os fios e las. O que fixen foi quitar un montón de manteis, que tiña que apenas usaba, de dentro de dous caixóns enormes e agora o teño todo a man e organizado, estoy moi contenta coa decisión.

Por certo se tivese eu espazo para metelo e vise ese carro pola rúa tamén o levaría para casa, encántame reciclar, e sobre todo aproveitar e reutilizar algo que alguén non quere.

Anisor dijo...

Un carro de lás! A felicidade!

jacobo dijo...

Pois está ben o invento do carro. Sorte de atopalo. Segue cás túas creacións e dalle bo uso¡¡¡

...triz dijo...

Así que ese é o famoso carro... oi, pois si que che é chulo, sorte chegar antes que señora :D

Blogging tips