Chegou dende Ovejita Be, que é unha pedazo de artista, gracias por todo.
Dous sobres, tachán tachán!!! Qué terán dentro??Moitas cousas: caramelos, lazos, tarxetas, colgadores para o móvil...
E un rebaño peculiar.
A mais grande, que é colorida vive entre a porta do armario e a alfombra. Posa na imaxe co seu traxe festeiro. Véselle que, o ser a maior, ten certo aire de responsabilidade.
As catro pequenas na súa bolsiña parecen formais, mirade que serias para o retrato.Pero por solto é outra cousa.
Cada unha pace de seu, e as xemelgas se separaron e unha está en Vigo e outra pace en Porriño ¿Cómo o estarán a pasar?
Se as vedes e vos atopades en apuros non dubidedes en escapar delas, pero se queredes ir de festa podédelas chamar e iran convosco a festas universitarias, espichas, festas de prado, romerías, feiras, verbenas, o Albariño, o Polbo de Carballiño, a do Gando de Monterroso, o desembarco Vikingo de Catoira, a festa da Androlla de O Barco, a da Fillo de Lestedo, a da Freba de Petín, a Festa do Pemento de Padrón, o Choco de Redondela, a Medieval de Ribadavía, a festa do Esquecemento de Xinzo... e o Luar da Televisión de Galicia.
Deica!!
2 comentarios:
Qué bonitiñas todas!
A de Porriño dígoche eu, que agora mesmo está a durmir a sesta....
Me ha encantado tu post! :D
Me alegro de que todo haya llegado bien! Ahora a cuidar de ellas.
Besos!
Publicar un comentario