2/12/10

Felices festas!!!

 Non son moito de andar as voltas cas cousas do Nadal, pero vexo nevar dende a miña ventá, nos blogues que sigo andan decorando todo con motivos nadaleiros, xa ando pensando nos agasallos, nos reis, nas reunións, a volta polo Nadal... e xa me chegou un encargo de alén dos mares.
 Non está toda a que é porque unha parte quedou no aeroporto de Santiago, virá en breve.
 E cóntovos a historia: a miña amiga foi coma enviada especial para un importante proxecto: traerme lás que non houbera polos redores. Agora tedes que imaxinarvos unha peli de acción na que acontecen moitas cousas: primeiro non aparecen as lás, logo uns encarapuchados as secuestran e así todas cousas dignas de contar ata este luns, que decidimos quedar nun bar en horario futbolístico, claro, falando a berros.
Como vedes son preciosas, e teñen un tacto moi moi suave, gústanme moitísimo. A gris será un Owls e a morada inda non ten proxecto asignado, así que acéptanse suxestións.

2 comentarios:

Merchy dijo...

Son moi chulas, e teñen pinta de sérenche ben quentiñas, coa que está a caer.
Gústame a idea do owls.
A morada ten vida propia, así que faría unha chaquetiña para animar o inverno.
Qué sorte tiveches!

TIA NUNA dijo...

A mí gustame a gris con mezcla de seda, parece moi confortable, como dí merchy, para facer o dos mouchos. Pois nada que teñas uns bos traballiños.

Blogging tips