3/8/11

líneas

Creo que nunca escribira nada sobre os meus libros "Craft". Agora quero facervos unha pequeniña reseña sobre aqueles que considero mais interesantes.
Non teño moitos, mais que nada leo por Internet (Knitting Help, por exemplo, son unha fan deles), no Ravelry, nos blogs, busco nos foros... pero considero que hai que ter algunha cousiña como manual de cabeceira.
Non adoito mercar libros de patróns, teño de herdanzas ou de caprichos puntuales, pero adoito facer cousas có patrón gratuito (ahi moreas deles no Ravel) e aunque non acostumo, últimamente merquei on-line un que precisaba.

Imos o Allo:
The Ultimate Sourcebook of Knitting and Crochet Stitches: é un repositorio de puntos tanto de calceta como de ganchillo, trae 900. Ven agrupado por niveis e por técnicas (intermediate, cable, colors, lace...) o nome do punto, a foto, cantos puntos preciso para facelo e explicado por voltas. Non é un libro de lectura, mais ben é de consulta. Cando o mirei páxina por paxina quedei pampa da cantidade de puntos que hai e que non coñecía, algúns nunca os vira. Está ben para darlle outra volta a patróns.

The Best of Vogue Knitting Magazine: 25 Years of Articles, Tecniques and Expert Advice: como di no título é unha selección de artigos que se publicaron na Vogue Knitting, pero é verdade!!! Hai cousas interesantes e moi ben escollidas, lese moi ben porque ningún artigo supera as 3 páxinas, está ben ilustrado, con esquemas e frechiñas. Tamén trae cousiñas de cultura laneira e curiosidades, un pouco de historia e moitas moitas moitas técnicas.
Trae un especial de deseñadores que inda non terminei de ler, para saber quén é quén e qué aportou a este noso pasatempo.
Así que altamente recomendable para todo o mundo, aprendese moito, deixase ler.

Creepy Cute Crochet: foi un agasallo, porque xeitoso para regalar hai que recoñecer que é! Ademais meu exemplar está en español e nunha estantería dunha librería concorrida. Deixovos a galería de proxectos do libro porque está moi ben. Lino enteiro, é doado, da moitas ideas, ensínate paso a paso a facer un amigurumi, pero agás unha ou dúas cousiñas (como os métodos para poñer pelo), do resto son técnicas ben coñecidas para as "fisgadoras internauticas" coma min. Se queredes comezar con bonecos é unha boa axuda.

E xa me quedo mellor de conciencia despois de facer unha entrada con algo de miguiña, que tiña o tema un pouco abandonado.
Deica!!!

4 comentarios:

Merchy dijo...

Buenos libros de referencia, sí señora!
;)

Romi-damelalata- dijo...

uf! qué lindos!! ...tomo nota!
muchas gracias por el dato!!!
un beso.

Anita dijo...

¡¡¡PRECIOSOS!!! los trabajos que tienes en las agujas.Y del alijo lanero solo puedo decirte que seguro que levanta pasiones, y me incluyo. Lo que tienen que hacer los inventores es inventar dos brazos supletorios para poder trabajar a 4 manos ¡por lo menos!. Mira el blog para mí está más que bien, lo que tienes que hacer es disfrutar con el tejido.
Bss.

Espacio Crochet dijo...

Qué bonito el jersey con las ovejitas, genial! Y las converse de gacnhillo me encantaron!!

Blogging tips