Hola queridiñ@s:
Onte reuniuse o grupo "Lerias e Enredos" sección Vigo, con baixas importantes como Merchy de A Little Green Valley.
Quedamos na cafetería Rocha, que nos mimou e estivemos moi a gusto, poderíamola nomear sede do grupo, qué vos parece?
Pásamolo moi bien, reimonos un montón e tamén corrimos riscos, como un home con unha escopeta que se sentou preto de nos.
Estiven en minoría porque eran dúas tecedoras e eu ganchilleira, así que xa me picou a cousa e teño pensado tentar outra vez a calceta, pero desta con agullas circulares, que son as que usan Suntropia e Beatriz77, ademais Beatriz traballa cás KnitPro, que son preciosas e din que son moi cómodas e Sun con agullas de bambú.
Aprendín moitas cousas sobre lás, Beatriz trouxo lá para fiar e un huso de fiar e lá sen fiar (se me equivoco corríxeme).
Para ver a "reportaxe gráfica" e a crónica déixovos o enlace o blog de Beatriz, que o conta e o ilustra mellor. Eu non amoso a miña cara para que non descubrades que en realidade son unha famosa actriz que fai pelis en Hollywood.
O grupo inda non ten nome e queda inaugurado con tres, pero admítense mais.
26/8/10
16/8/10
Rumore rumore
Fedellando polas web adiante vin que está aberto o plazo para un concurso de blogs de moda galega en www.galiciademoda.com
Que a ninguén se lle pase o arroz, coma a min con este, que un día por outro...
En resumen:
- Hai que ter un blog que teña mais de 3 meses
- Actualizar dúas veces á semana (se tedes tanta leria coma min, eso está chupado)
- Antes do 1 de setembro, corredeeeee!!
Ademáis eu non me voy a presentar (eu non son profesional de isto, é só un hobby), así que te voto, quedas entre os 10 primeiros e te publican na revista Galiciademoda e faste famosa polo mundo enteiro.
De pasta non se fala, así que póñente un stand (en galego galpón) no Daisy Market e podes vender e anunciar as tuas creacións, que ten que ser unha plataforma moi boa para darse a coñecer e facerse rica enseguida.
Xa sendo rica e famosa lémbrate de quen te deu a idea e me invitas a unhas cañas e todos felices.
E todos os demais a votar que nos vai tocar unha fin de semana no hotel Vía Augusta, podemos ir todos xuntos e facemos festa.
Non levo comisión anunciando isto, poidera parecelo polo ímpetu que lle poño, pero o que quero é que non quede por aquí ninguén fustrado por non ter onde dar a coñecer seu talento.
E poño unha foto das All Stars para que quede claro que este blog é de ganchillo.
Corto e cambio.
14/8/10
Tuneando o blog
Queridiñ@s, botade un ollo a nova plantilla do meu blog.
Inda estou fuchicando nela porque cambiei o ancho de columna, e hai cousas que quedaron fora do sitio.
Pouco a pouco isto vai medando.
Saquei o "Template" de este enlace, onde hai moreas deles, e todos son gratuitos e moi doados de poner.
Estou bastante contenta co resultado acadado, pero os "Gadgets" tiven que comprobalos un por un.
Algunas fotos están fora do cacho, pero pouco a pouco.
Nada mais nen@s, hoxe a entrada non é moi crafter, pero queria darlle algo de bombo a cousa.
Vémonos.

11/8/10
Cousas que atopo polo mundo
Hoxe fun á compra, preferiría ir de cacería ou de recolección porque quedaría mais xeitoso de contar no blogue, pero non, fun a frutería onde atopei esto:
É unha mazá china, ten a pel co tacto poroso, como o das patacas novas, é mais grande que as nosas, como podedes comprobar nas imaxes.
É unha mazá china, ten a pel co tacto poroso, como o das patacas novas, é mais grande que as nosas, como podedes comprobar nas imaxes.
Probeina e ten gusto entre mazá doce e pera, a textura por dentro é mais áspera que a mazá normal.
Gustoume, pero tampouco é para tanto. O aspecto encántame, é mais Kawaii que as mazás do pais, ata a cor.
E nada mais por hoxe, volvo a retransmisión os estudios centrais, cambio e pecho.
Bicos os que me ledes.
5/8/10
Mira que sorteo!!!
Ya coñecedes o blog de Daiana: http://daianacrochet.blogspot.com/ e que está de sorteo, porque xa se anunciara (está no lateral deste blog, por exemplo) Pois mirade o primeiro premio, é calcadiño o de Chanel que se queredes velo está eiquí . Así que ide correndo que esto remata o sábado.
4/8/10
Saúdos crocheteiros
Hola meus, unha entrada moi rápida para dicirvos que estou de vacacións. Espero que os que tamén esteades as disfrutedes tanto coma min.
Estou barruntando moito sobre moitas cousas, pero puxen unha enquisa na esquina do blogue, sobre qué vos parece que esté todo en galego, acéptanse suxerencias.
E deíxovos unha radiografía de Meiga (non é, pero semella) que amosa que está moi ben de saúde.
Bicos e vémonos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)