28/4/10

Kokeschi para meter os ganchillos




Tralará!!!!
Unha cousa terminada. É unha Kokeschi, unha bonequiña que atopei, tomei un patrón de http://le-petit-monde-de-babouchka.over-blog.com/, para descargar en PDF e adapteino, fíxen mais voltas para que colleran os ganchillos dentro, para que a boneca estivese ríxida metín o cartón dun rollo de papel de cociña. Estou bastante contenta có resultado, e creo que é unha cousa útil para min, porque teño mil trangalladas que nunca sei onde gardar, polo menos meus ganchillos xa teñen un lugar onde vivir e xa non teño excusa para deixalos esparellados.

27/4/10

Ponto segredo, nó do rei Salomón


Hoxe non debería estar aquí, pero estou porque na lista de lectura dos blog que sigo achei unha rebequiña en ponto segredo, e enamoreime coma unha tola. Quero ese patrón!!! pedinllo a dona da creación. Estaba en: http://roxyaranita-crochetymas.blogspot.com/, un blog que recomendo porque da moitas ideas e ten deseños moi actuales.
Este ano fixen 3 bufandas en ponto segredo, é un ponto moi rápido e moi aparente, parece que leva moito traballo, pero unha vez aprendido é chegar e encher.
Eu aprendín a facelo neste enlace: http://www.youtube.com/watch?v=NjIBwhQgygo , son vídeos da profesora Elaine, están en portugués, pero non é necesario coñecer a língua porque visualmente xa queda moi claro.
Deica outra.

21/4/10

Crochet soñado, by Claudia Daneu


CROCHET SOÑADO, by Claudia Daneu
http://soldebuenosaires.wordpress.com/
Navegando pola blogosfera atopei este blog, é dos mellores que teño visitado. Non me poiden facer fan pero subscribinme as actualizacións por correo electrónico e deixeille un cometario.
Ten cantidade de puntos para facer a ganchillo que eu nin me podía imaxinar: oitos, ondas, cadros, trenzas... ábreme un mundo para sair do punto baixo e o punto alto.
Quedei pampa co xeito en que ensambla os hexágonos, abraiante. Onte fixen unha entrada porque non sabía o xeito de unir os grannys do meu bolso de frores de África, pois xa non teño excusa porque puxo un gráfico de cómo facer medios hexágonos.
Nas imaxes que ten subidas amosa uns puntos feitos con un mimo e unha perfección inusitado, tomei como mostra a imaxe que preside seu blog, que inda non puiden adiviñar con qué pontos esá feita.
As entradas son moi ilustrativas, non deixedes de ver cómo facer ojales a ganchillo, uniones... o ponto elástico, que eu non sabía que existía a crochet.
Gracias dona Claudia Daneu.

20/4/10

A galería dos horrores





Aproveitando que a primavera quere chegar estiven facendo limpeza. Como sempre ando en andrómenas empezo as cousas con moito interese pero deseguido me canso. Hoxe vou mostrar a miña galería dos horrores, aqueles meus enxendros ós que lle falta algunha cousa para acadar seu ser. Son abruptos inacabados dinos da galería do doutor Frankenstein.
Como bó propósito primaveral (que raro eu facendo bós propósitos, será polo pracer de non cumprilos) vou tentar acabar estas cousiñas, ademais de un amigurumi de Trancas e Barrancas que non atopo, antes de poñerme con proxectos novos.

19/4/10

Atascouse a Babette


Non sei que me pasa pero non saio dela. Comencei ca Babette o 15 de xaneiro con moito agarimo, xa teño feitos os dez paneis, están cosidos nove, pero non son quen de rematala. Será por mor do bó tempo que miro as lás e súo. O bikini está a piques, nesta semana xa engadirei novas e ando as voltas cunha chaquetiña liviá para estos calores. De todo-los xeitos ando embarcada noutros asuntos que me restan tempo. Coido que a finais de xunio xa esté liberada e poda adicarlle mais tempo as labores.
Estou moi contenta de contar con dous seguidores, é un privilexio. Espero non decepcionarvos.
Bicos e gracias.

17/4/10

Frores de África







Primeiro aprendín a facelas e logo entereime de cómo se chamaban. Vira un montón delas en Flickr, conseguin unha foto moi de preto e saquei o patrón. A verdade é que é sinxelo.
Eu comezo facendo 6 cadenetas en anillo máxico, pero o patrón é o mesmo que aparece no grupo
adicado a elas en Flickr (aparece en castelán e inglés).
A idea é facer un bolso con elas (para que saia da galería dos horrores de enxendros inacabados) adaptando o patrón de "Starling handbag" no tamaño grande que aparece na web www.futuregirl.com. Facer o fondo e as asas como o "Starling", pero o corpo facelo cos grannys de frores de África.
O fondo do bolso está baseado no patrón, pero tiven que engadir unhas cuantas filas mais porque
quedaba un pouco pequeno para o meu gusto. Engadin 5 filas en ponto alto porque có ponto baixo estaba a piques de desesperar.
Creo que preciso facer mais frores, pero xa esgotei a combinatoria, merquei 6 cores e xa teño 16
grannys distintos, así que terei que pensar cómo facelo, agradeceríanse suxerencias.
Por outra parte non me atrevo a continuar cás asas sen ter a parte dos grannys feito porque pode ser que logo non case. Algo terei que argallar para unir os grannys o fondo do bolso, porque son hexagonales e o fondo rectangular... vouno pensar.

14/4/10

Xerador de patróns de amigurumis


http://www.knittink.com/amigurumi/
Este é o enlace dunha web onde se xeneran patróns para amigurumis. Escóllense o tamaño (en cm) e o número de pontos por centímetro. Logo tamén deixa escoller cómo queremos as orellas, cabeza, pescozo, tronco, máns e pernas. Todo o que vamos cambiando visualízase nun boneco o tempo. Xera o patrón, está en inglés pero todo é poñerse.
Non me fio moito do resultado final, pero paga a pena entrar só por xogar un pouco.

12/4/10

Xa teño un siareiro!!!


Hoxe estou feliz ca nova de ter o meu primer siareiro, espero que non sexa o único. Moitas gracias Jorge.
Tamén agradezo o meu amigo Jacobo os seus comentarios. Pouco a pouco isto vai medrando. Ainda que só levo duas semanas en rede, pouco a pouco xa vou enredando ós conocidos.
Bicos e deica.

8/4/10

Amigurumi Kitty



PATRÓN EN CASTELLANO MÁS ABAJO





Esta bonequiña levoume moito tempo. A cabeza da moito que facer se un quere que quede lograda. Unha vez feita a cabeza o resto é chegar e encher.
Tiven que coser duas veces a cabeza o corpo, a primeira vez non cerrei a cabeza o unila o corpo, entón o recheo xuntouse e quedou un pouco troncuda. A segunda vez pechei a cabeza antes de cosela, entón a cousa mellorou porque xa se distinguian as duas partes.
Este é o meu patrón da Kitty que é unha mezcla de varias cousiñas que consultei pola rede,
tomeino dunha revista xaponesa que me descarguei en http://iskusa.blogspot.com, como non quedei conforme có patrón seguin pesquisando e achei en http://proyectospasoapaso.blogspot.com/ outro esquema, pero tampoco me deixou chea, así que
continuei cás miñas pesquisas e en www.tiamat-creations.c.la aparece outro patrón en francés. Ahí xa quedei contenta e engádoo en castelán a petición dunha amiga.
Levoume moito tempo rematar a boneca, porque a cabeza non me daba quedado ben, creo que o segredo para que a boneca quede propia está en que a cabeza quede ben, e para iso é preciso ir marcando todos os aumentos e disminucións que se van facendo, porque senón é facil perderse, que eso era o que a min me pasaba e por eso non saía dela.
Para marcar os pontos eu teño un metódo que a min me resulta, con imperdibles moi pequenos (de 19 mm. pon na caixa) ato anacos de fio no redondel e establecín un código de cores: por exemplo, para a Kitty marquei con vermello o primeiro aumento da volta 2 porque é o punto de saida de todo, a él hai que voltar sempre cando se avanza nas filas (tamén hai que movelo cando se cambia de fila e poñelo onde corresponda nesa fila, porque senón se perde a referencia) e òs demais pontos empecei a marcalos na fila 3 cás cores o chou.

ESQUEMA HELLO KITTY A GANCHILLO

Trabajar en redondo, es decir, por vueltas alrededor de las cadenetas. Finaliza la vuelta cuando volvemos al punto de partida (vueltas en redondo, no en filas). Es interesante ir marcando las vueltas con un imperdible pequeño para contar los puntos de cada vuelta y comprobar que coincide el número con los que marca la vuelta.

ABREVIATURAS
V: vuelta
Mp o pm: punto medio
A, aum.: aumento, en el mismo punto de la base se hacen dos puntos.
D: disminución, se engloban dos puntos de la base en un solo punto.

CABEZA (en blanco)
Los aumentos y disminuciones se realizan a los lados de la cabeza de la muñeca (en los extremos de las cadenetas), la progresión de aumento o disminución es de seis en seis con respecto a la vuelta anterior.
Montar 10 cadenetas bastante sueltas, sobre ellas se trabaja.
V1• 1mp giro +10mp + 1mp giro + 10mp (22p).

V A/D mp A/D mp A/D mp A/D mp A/D mp A/D mp Tot.
1 22
2 1A 8 1A ¬0 1A 0 1A 8 1A 0 1A 0 28
3 1A 9 1A 1 1A 1 1A 9 1A 1 1A 1 34
4 1A 10 1A 2 1A 2 1A 10 1A 2 1A 2 40
5 1A 11 1A 3 1A 3 1A 11 1A 3 1A 3 46
6 1A 12 1A 4 1A 4 1A 12 1A 4 1A 4 52
7 1A 13 1A 5 1A 5 1A 13 1A 5 1A 5 58
8 1A 14 1A 6 1A 6 1A 14 1A 6 1A 6 64
9 a15 64
16 1D 14 1D 6 1D 6 1D 14 1D 6 1D 6 58
17 58
18 1D 13 1D 5 1D 5 1D 13 1D 5 1D 5 52
19 52
20 1D 12 1D 4 1D 4 1D 12 1D 4 1D 4 46
21 1D 11 1D 3 1D 3 1D 11 1D 3 1D 3 40
22 1D 10 1D 2 1D 2 1D 10 1D 2 1D 2 34
23 1D 9 1D 1 1D 1 1D 9 1D 1 1D 1 28
24 1D 8 1D 0 1D 0 1D 8 1D 0 1D 0 22
Cerrar.

OREJAS
Hacer dos en blanco
Las vueltas repiten la progresión de aumento de tres en tres puntos indicada abajo.
V1• anillo mágico con seis puntos o 2 cadenetas y en la primera hacer 6mp (6p).
V2• 1mp + 1aum. (9p).
V3• 2mp + 1aum. (12p).
V4• 3mp + 1aum. (15p).
V5• 4mp + 1aum. (18p).
V6• 5mp + 1aum. (21p).
Cerrar.


CUERPO
Esta primera parte va en blanco.
Las vueltas repiten la progresión de aumento o disminución de seis en seis con respecto a la vuelta anterior indicada abajo.


V1• anillo mágico con seis puntos o 2 cadenetas y en la primera hacer 6 mp (6p).
V2• 1aum. en cada mp (12p).
V3• 1mp + 1aum. (18p).
V4• 2mp + 1aum. (24p).
V5• 3mp + 1aum. (30p).
V6• 4mp + 1aum. (36p).
V7• 5mp + 1aum. (42p).
V8• 6mp + 1aum. (48p).
V9 y 10• (48p).
Cambio de color (lila).
V11• (48p).
V12• 6mp + 1D (42p).
V13• (42p). Marcar esta fila porque aquí empezará el añadido de la falda si se quiere adosar.
V14• 5mp + 1D (36p).
V15• (36p).
V16• 4mp + 1D (30p).
V17• (30p).
V18• 3mp + 1D (24p).
V19• (24p).
Cerrar.


FALDA (en lila)
Si se adosa al cuerpo, unir con la fila 13, si se hace aparte, montar una cadeneta de 42 puntos y trabajar en redondo.

V1• (42p).
V2• (42p).
V3• 6mp + 1aum. (48p).
V4• (48p).
V5• 7mp + 1aum. (54p).
V6• (54p).
V7• 3mp + 1aum. (67p).
V8• (67p).
V9• 1mp + 1aum. (101p).
Cerrar.


PATITAS
Se empieza con lila, hacer 2.
Montar 5 cadenetas.
V1• 1cad. para girar + 5mp + 1mp para girar + 5mp + 1mp para girar (12p).
V2• 1aum. + 3mp + 3aum. + 3mp + 2aum. (18p).
V3 a 6• (18p).
Cambiar de color, blanco.
V7 a 9• (18p).
Cerrar.


BRAZOS
Empieza en blanco, hacer 2.
V1• anillo mágico con seis puntos o 2 cadenetas y en la primera hacer 6 mp (6p).
V2• 1aum. en cada punto (12p).
V3• 1mp + 1aum. (18p).
V4• (18p).
V5• 4mp + 1D (15p).
V6 y 7• (15p).
Cambio de color (lila)
V8 y 9• (15p).
V10• 2mp + 1D + 3pm + 1D + 3pm + 1D + 1mp (12p).
V11• (12p).
V12• 1mp + 1D + 2mp + 1D + 2mp. + 1D + 1mp (9p).
Cerrar.

*NOTA: alguien sabe cómo añadir un PDF a la entrada, para adjuntar el patrón que yo escribí, con las tablas, y sea más sencilla su descarga. Gracias.

4/4/10

A colcha Babette



Como bó propósito de Aninovo propúxenme facer a Babette. Xa vira esta colcha por internet e chamárama poderosamente a atención pola mistura de cores e de tamaños dos cadradiños, parecíame a colcha mais bonita de cantas vira. De feito en Flickr hai un grupo enteiro adicado a Babette (o que pertenzo).
Atopei o patrón o día 8 de xaneiro, desglosei o patrón nunha tarde (porque as cores veñen chamadas por unha letra e eu púxenlle cadanseu nome, e os cadros veñen agrupados por tamaños e eu agrupeinos nos dez bloques da colcha), merquei as lás o 15 de xaneiro, e xa teño feita a colcha, só falta coser o bloque 10, que é o mais longo.
O mellor da Babette é que con saber facer dun xeito os cadros xa sabes facelos todos. O peor da Babette é que hai que coser un por un os cadros entre sí. Eu fágoo con fio transparente e unha agulla de punta zocha.
Sucedeume que a colcha quedoume pequena, iso que collín lás grosas e traballo con ganchillo do 00 (3.75 ou letra D), ademais eu quero unha colcha, non unha mantiña. Atopei por internet unha señora que tivo o mesmo problema e fixo un panel adicional deseñado por ela, creo que eu farei o mesmo.
Na miña galería de Flickr (http://www.flickr.com/photos/45760281@N07/sets/72157623089979065/) teño un álbume enteiro adicado o proceso de elaboración da Babette, polo de agora con 41 fotos, dende as lás que eu escollín ata o panel 10.

3/4/10

Amigurumis do mar




Observando as cousas que fago decateime que, inda sen sabelo, gosto moito das cousas do mar. Fago calamares, estrelas de mar, un pulpo, un peixe, en fin, todos viven baixo o auga.

Amigurumi peixe


Este peixiño fíxeno para a miña amiga Esther, saquei o patrón dunha revista japonesa (se alguén o quere, que o diga nos comentarios e o poño). Levoume tres horas. Os ollos son cristales de Svarovski (ou como se diga) que se pegan co ferro de pasar. Desexo que vos guste

Bikinis a ganchillo


Boas, estos son dous dos tres bikinis que fixen a ganchillo. Dun deles non teño imaxes porque todas as cousas que fago as regalo. O branco foi para Azahara, un color beis (non está) para Alba e o marrón foi para Bea. O que mais traballo me da é coser as partes, o forro de dentro e agochar os fios. Fixen os tres bikinis con un patrón que non sei de onde o saquei, pero se alguen o quere mándollo, que o teño (non sei onde, pero creo que poderei atopalo).


Teño un patrón novo que atopei nunha revista rusa (a que aparece debaixo), e vou a probar sorte, a ver como queda, gústame sobre todo a forma da parte de enriba. Creo que o farei con raias para que resalte a maneira de facelo. Xa vos contarei.

Patucos All Star




Vou amosaros os patucos que fixen para unha meniña que está a piques de nacer. Estiven toda a tarde dun sábado para facelos, pero pagou a pena porque creo que ata o de agora é o meu mellor traballo. O patrón tomeino do blog de Josi, que é unha persona maravillosa que ilustra a algunhas cenutrias coma min. http://josicroche.blogspot.com/

Benvid@s

Xa teño blog!!! faime moita ilusión porque dinlle moitas voltas antes de facelo. Na lista de bós propósitos de Aninovo puxen que faría unha colcha a ganchillo e xa estou a piques de rematala, así que por Pascua tiven que facer outro propósito novo, así que púxeme con esto do blog. Non prometo fidelidade, pero si ir subindo pouco a pouco as cousas que teño feitas e as que irei facendo, ademáis incluir fotos, canto tempo me levou e onde achei o patrón. Gostaría moito de ter algún lect@r (que non o faga por compromiso, coma os meus amigos) senón porque lle guste o ganchillo tanto coma a min.

Gracias
Blogging tips